Actualidade
Buscador de novas
Alumnos do Pedro Murias amplían coñecementos en Mondoñedo sobre o lobo e o manexo de maquinaria
Estudantes dos ciclos de grao medio de produción agroecolóxica e de aproveitamento e conservación do medio natural deste Centro de Formación e Experimentación Agraria recibiron formación complementaria no mindoniense IES San Rosendo
A Xunta e a Deputación de Ourense avanzan nun programa piloto para dotar con 16 brigadas a catro mancomunidades na loita contra os lumes
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, reuniuse hoxe cos presidentes das mancomunidades de Verín, O Carballiño, Terra de Celanova e O Ribeiro
A Xunta imparte en Ferrol unha xornada informativa sobre os convenios de colaboración cos concellos para accións de prevención de incendios forestais
A delegada territorial, Martina Aneiros, e o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, participaron no acto ao que se convidou ás entidades locais de toda a área territorial
Extinguido un incendio forestal no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás
O lume iniciouse ás 0.10 horas desta nooite e finalmente afectou unha superficie de 1,5 hectáreas de monte raso dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés
A Xunta pon en valor o esforzo do sector forestal-madeira en Galicia na procura de solucións innovadoras e sustentables no eido da construción
Subliña que Galicia é unha das principais rexións produtoras de madeira de Europa, con preto de 9,8 millóns de metros cúbicos, máis de 2.400 M€ de facturación anuais e case 20.000 persoas empregadas
Medio Rural e Fiscalía intercambian experiencias e reforzan a súa cooperación na loita contra os incendios forestais en Galicia
A conselleira María José Gómez clausurou este mediodía o encontro de traballo de responsables e técnicos do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta con membros do Ministerio Fiscal
A Xunta actualiza a zona demarcada do nematodo do piñeiro das Neves e a aplicación de medidas de contención en áreas de Pontevedra e Ourense
Estas medidas adóptanse porque, malia as actuacións realizadas, non foi posible erradicar este organismo nocivo e constatouse que a súa presenza foi continuada e progresiva e que o número de positivos foi en crecemento, sobre todo desde o 2018
Medio Rural investirá preto de medio millón de euros para a construción dunha nova base de unidades operativas en Valga
A conselleira María José Gómez salientou que esta nova infraestrutura permitirá que o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais concilie traballo e descanso
Rueda destaca o compromiso da Xunta co novo rexurdimento do Pazo de Lourizán ao investir máis de 17 M€ na súa rehabilitación
Salienta que se trata dun espazo emblemático cun alto valor cultural, histórico e natural