Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.085 novas da área temática Sanidade:

09/10/2025 | 19:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta licitará por máis de 400 millóns de euros as obras da segunda fase do Novo Chuac

A Administración autonómica prevé licitar estes traballos no primeiro semestre do 2026

09/10/2025 | 18:02 | C. de Sanidade

Xunta e FEGAMP acordan os criterios para integrar as unidades asistenciais de drogodependencia municipais no Servizo Galego de Saúde

Trasládanse aos 13 concellos os informes técnicos definitivos para que sexan ratificados polos plenos municipais

09/10/2025 | 15:01 | C. de Sanidade
09/10/2025 | 14:46 | C. de Sanidade

A Xunta reforza a prevención da conduta suicida entre a poboación moza coa extensión do ‘Programa YAM’ a 95 novos centros educativos para chegar a máis de 12.000 mozos

O proxecto YAM, financiado con fondos europeos, ten por obxecto previr a conduta suicida entre a poboación adolescente ao tempo que promove a súa saúde mental

09/10/2025 | 14:15 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde incrementou en case 1.700 as cirurxías no primeiro semestre do ano, reducindo esperas e con 1.000 pacientes menos agardando unha operación

Entre xaneiro e xuño de 2025 realizáronse preto de 110.000 intervencións cirúrxicas nos hospitais públicos galegos, un 1,5 % máis que no mesmo período do ano anterior

09/10/2025 | 12:33 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o interese da sanidade italiana pola plataforma TELEA, coa que o Servizo Galego de Saúde monitoriza xa máis de 23.100 pacientes

O conselleiro destaca que o modelo de teleasistencia galego é unha aposta clara por unha atención máis próxima, personalizada e dixitalmente avanzada

09/10/2025 | 11:01 | C. de Sanidade

Belén do Campo participa na inauguración da xornada organizada por APEM con motivo do Día Mundial da Saúde Mental

A delegada da Xunta referiuse ao traballo que está a desenvolver a Consellería de Sanidade coa elaboración do novo Plan de Saúde Mental de Galicia, que aposta por un modelo asistencial máis humanizado, preventivo e próximo á cidadanía

08/10/2025 | 17:44 | C. de Sanidade

A Xunta e as tres universidades galegas elaborarán un protocolo de acompañamento psicolóxico aos estudantes para o coidado da súa saúde mental

O obxectivo é velar polo benestar emocional da poboación moza nun momento no que se producen importantes cambios vitais

08/10/2025 | 12:25 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño subliña o investimento de 3,2 M€ no centro de saúde da Milagrosa e reitera o compromiso de construír o do Sagrado Corazón cando o concello ceda os terreos

Remarca que un equipo de 25 traballadores vai materializar unha transformación total desta instalación sanitaria da rede do Sergas, que pasará a ser ampla, accesible, moderna e dotada con novos servizos para pacientes e profesionais

07/10/2025 | 13:32 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño subliña a transcendencia internacional da investigación sanitaria que realiza o Instituto Galicia Sur

O titular da carteira sanitaria destaca a vitalidade do Instituto, con máis de 1.000 profesionais, e que o pasado ano captou máis de cinco millóns de euros para investigacións feitas en Galicia