Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 663 novas da área temática Auga:

10/08/2026 | 13:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a mellora do saneamento en Marín beneficia a calidade das augas de toda a ría de Pontevedra

A Xunta inviste 4,1 M€ nestas actuacións que inclúen a instalación dun novo colector fóra do leito do río, un novo tanque de tormentas e a mellora do bombeo, así como a creación dunha senda peonil e novos espazos públicos para a veciñanza

06/08/2026 | 16:58 | C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta executará actuacións inmediatas para corrixir a actual situación hidroecolóxica da lagoa de Baldaio e impulsará un plan integral para garantir a súa conservación a longo prazo

As consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar consensúan unha proposta de protocolo de actuación que trasladaron tamén ao Concello de Carballo co fin de establecer un marco de colaboración entre as administracións implicadas

31/07/2026 | 14:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Gomesende destinan 715.000 euros á renovación da rede de abastecemento en San Lourenzo de Fustáns

Ángeles Vázquez explica que se renovarán preto de 6,5 quilómetros da rede para mellorar o servizo que reciben 13 núcleos de poboación

25/07/2026 | 10:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta instala 27 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación en distintos puntos dos ríos Fontecova, Trasposta e Pé de Boi, en Viveiro

O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento

24/07/2026 | 15:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mantén a situación de prealerta por escaseza moderada de auga nos sistemas do río Lérez, en Pontevedra, e do río Anllóns e Costa da Coruña

Tamén se manteñen as medidas equivalentes no subsistema de Baiona, mentres o resto de unidades territoriais de Galicia-Costa seguen en situación de normalidade e os encoros de abastecemento rexistran unha ocupación do 83,09%

24/07/2026 | 13:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta habilita a partir de mañá 2,5 M€ en axudas para promover a protección ambiental e a seguridade na actividade mineira en Galicia

As axudas oscilan entre os 150.000 e os 3.000 euros e xa se poden solicitar a partir de mañá

23/07/2026 | 17:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Lalín abordan diversos proxectos para mellorar o saneamento na localidade

Ángeles Vázquez lembra que o Goberno galego ten o firme compromiso de apoiar técnica e economicamente aos concellos para que poidan exercer as súas competencias en materia de augas dun xeito máis eficiente

22/07/2026 | 14:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o investimento de máis de 42 M€ na mellora do saneamento e da depuración de Vilagarcía de Arousa que reforzará a protección ambiental da ría

Ángeles Vázquez explica que o obxectivo é dotar o concello dun sistema máis moderno, eficiente e preparado para responder ás necesidades actuais e futuras de poboación

21/07/2026 | 15:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mobiliza 19 M€ en actuacións para mellorar os sistemas de abastecemento, dos que máis da metade son para financiar proxectos na provincia de Lugo

Ángeles Vázquez indicou que no caso do Concello de Friol se destinarán máis de 620.000 euros para dotar deste servizo á parroquia de San Paio de Seixón