Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.186 novas da área temática Cultura:

22/12/2025 | 18:52 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta felicita á escola de baile ‘Ritmo Lugo’ polos novos éxitos logrados en campionatos nacionais e internacionais

Una alumna do centro ven de proclamarse campioa de España de bachata e salsa ‘shine’ na súa categoría no certame nacional de bailes caribeños celebrado en Guadalajara

22/12/2025 | 15:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta declara Ben de Interese Cultural a música e o baile tradicionais galegos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, sinala que o Consello dá o visto e prace a este recoñecemento na categoría de patrimonio inmaterial “para poñer en valor un dos elementos máis importantes da identidade cultural galega: o noso folclore”

22/12/2025 | 14:04 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta inaugura no Gaiás unha exposición fotográfica que pon en valor a cidade de Ferrol

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, salienta o compromiso do Goberno galego cos fotoxornalistas locais “que nos achegan unha nova forma de ollar a comunidade”

22/12/2025 | 13:58 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos e o alcalde de Ferrol asinan un convenio por valor de 250.000€ para converter o Centro Torrente Ballester no museo da cidade

O acordo chega despois do visto e prace do Consello da Xunta para un proxecto que contempla a renovación e modernización do espazo

21/12/2025 | 17:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Residencia Xacobeo promove por primeira vez a tradución de obras galegas ao alemán coa estadía de Florian Weber

O escritor gañador desta iniciativa, que xa vai pola súa sexta edición, estará durante o mes de marzo na Residencia Literaria 1863

19/12/2025 | 12:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Gaiás pecha 2025 coa obra do Centro de Artes Dixitais lista para iniciar o equipamento tecnolóxico

López Campos destaca que o ano remata con preto de 1,4 millóns de visitas, sendo o exercicio no que se organizaron máis actividades culturais

19/12/2025 | 10:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre o prazo para inscribir actividades de dinamización cultural no catálogo ‘Ler Conta Moito’

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases para que aquelas persoas físicas ou xurídicas incorporen as súas propostas de cara a ser seleccionadas para a programación nas bibliotecas públicas galegas

18/12/2025 | 18:25 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García destaca os avances da Xunta para “fomentar a presenza do galego nas linguaxes dixitais”

O encontro presenta os últimos resultados da iniciativa posta en marcha polo Goberno autonómico e a universidade compostelá na creación de recursos en lingua galega nas plataformas tecnolóxicas

18/12/2025 | 14:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca a aposta polos audiolibros para achegar á cidadanía a obra de figuras como Castelao

O responsable de Cultura celebra a posta en marcha de iniciativas que posibilitan que “ademais de ler as creacións dun dos nosos autores máis recoñecidos, tamén poidamos escoitalas”