Actualidade
Buscador de novas
Preto dun cento de agrupacións de voluntarios de Protección Civil reciben material da Xunta este ano
Benefícianse da orde para a adxudicación de equipamentos de emerxencias aos concellos de menos de 50.000 habitantes que conten con estes colectivos
A Xunta coordina o envío de douscentos profesionais, case un cento de vehículos e diverso material de emerxencias en apoio ás persoas afectadas pola catástrofe en Valencia
Alfonso Rueda agradece “a solidariedade de todos os galegos e o seu compromiso”, tanto dos cidadáns anónimos como dos profesionais “que voluntariamente se ofreceron” nuns momentos “nos que a súa axuda é especialmente necesaria”
O 061 de Galicia asistiu 105 persoas por 83 accidentes de tráfico durante a ponte de Todos Os Santos
Desde as 15,00 horas do xoves, 31 de outubro ata as 23,59 horas do domingo, 3 de novembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 97 chamadas por accidentes de tráfico
Galicia pechou a tempada estival con 4.500 profesionais inscritos no rexistro de socorristas acuáticos de Galicia
Supón un incremento do 13% con respecto ao anterior, grazas á ampliación das vías de acceso por parte da Xunta en consenso coas entidades implicadas
A Xunta centralizará e coordinará o envío de profesionais e medios de emerxencias en apoio ás persoas afectadas pola Dana en Valencia
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta mañá nunha reunión por videoconferencia con representantes da Delegación do Goberno en Galicia, da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), das catro deputacións provinciais e de servizos operativos de emerxencias para facer reconto dos medios dispoñibles
Belén do Campo entrega a medalla ao mérito de Protección Civil ao membro da agrupación de Arteixo, José Manuel López
A delegada da Xunta na Coruña resaltou a importancia de Protección Civil para o benestar e seguridade de todos os galegos