Actualidade
Buscador de novas
A Xunta convoca unha nova edición dos apoios para incorporar persoas socias ás cooperativas e sociedades laborais cun crédito inicial de 5 M€
O DOG publicou esta semana a convocatoria de 2026 do programa Aprol Economía Social coa que se prevé —cunha estimación inicial— impulsar a incorporación de máis de 340 persoas como socias nunhas 160 cooperativas e sociedades laborais
Martina Aneiros lembra que permanece aberta a convocatoria para as axudas ao emprendemento da Xunta
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros visitou esta mañá o estudio de arquitectura VLD Arquitectos, en Ferrol, un dos negocios beneficiarios destas achegas autonómicas
Manuel Pardo subliña o valor do programa Galicia Moza con Alma da Xunta a prol da inclusión social
O delegado territorial da Xunta explicou que o programa Galicia Moza con Alma é un programa de inclusión social da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dirixido ás persoas mozas máis desfavorecidas que teñen dificultades para acceder ao traballo ou á formación
A Xunta destina máis de 1,1 millóns de euros á formación de 850 traballadores da área de Vigo a través do Bono Talento Empresa
Destaca o investimento do Goberno galego en accións formativas para mellorar o desenvolvemento profesional
A Xunta informa ao empresariado de Valga das axudas dispoñibles este ano para potenciar a empregabilidade e a competitividade
José González puxo de manifesto o esforzo da Xunta de Galicia por pechar o círculo da empregabilidade a través dunha estratexia integral de políticas activas de emprego que conecta a formación para o emprego cos incentivos á contratación
A Xunta anima a solicitar os novos incentivos á contratación, os apoios ás iniciativas de base tecnolóxica e as axudas do programa Investigo
Hoxe arranca o prazo de solicitude do programa Galicia Suma Talento: Emprégate (19,7 M€), que coordina os incentivos á contratación e os programas formativos para facilitar a empregabilidade das persoas con maiores dificultades de inserción laboral
A Xunta mantén aberta ata o 15 de maio a inscrición no concurso Eduemprende Idea para alentar o espírito emprendedor entre alumnado de FP de Galicia
O Goberno galego convocou recentemente no Diario Oficial de Galicia unha nova edición desta iniciativa dirixida ao alumnado das ensinanzas de Formación Profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño
A Xunta leva a nova edición do programa ‘Que non te líen, ti elixes’ a preto de 70 centros de secundaria a prol da elección profesional sen prexuízos de xénero
O Goberno galego publicou recentemente a lista de beneficiarios da última convocatoria deste curso desta iniciativa impulsada polas consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional