Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.438 novas da área temática Comercio:

22/07/2025 | 15:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa o comercio local coruñés co sorteo dos premios da campaña ‘Merca no teu comercio’

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta mañá na entrega dos premios dunha iniciativa realizada na primeira quincena de xullo en colaboración coa Federación Galega de Comercio

21/07/2025 | 12:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta as campañas do programa ‘O teu comercio local é extraordinario’ impulsadas por cinco centro comerciais abertos da comunidade

Cunha achega do Executivo galego de preto de 200.000 euros, as accións celebraranse entre os meses de agosto e outubro e están impulsadas polos centros comerciais abertos de Ribadeo, Boiro, Ferrol, Marín e Rianxo

15/07/2025 | 16:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo anima aos obradoiros artesáns, concellos e a asociacións profesionais a solicitar as axudas para o fomento da comercialización da artesanía de Galicia

A delegada da Xunta visitou as instalacións da entidade Artefíos que conta cun centro especial de emprego beneficiario o ano pasado destas achegas

15/07/2025 | 14:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a divulgación da tornería de madeira no 25º aniversario do Encontro Internacional de Torneiros de Xermade

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na presentación do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, que se celebrará en Xermade os días 19, 20 e 21 de setembro co apoio do Executivo galego

14/07/2025 | 21:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta a aposta do comercio local de Verín pola dixitalización coa implantación da plataforma de atención LoPróximo

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta tarde en Verín na presentación desta iniciativa recoñecida no marco dos Premios do Comercio Galego 2024

11/07/2025 | 09:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza unha nova convocatoria do Bono Talento Empresa dotada con 2 M€ para formar 1.500 profesionais en microformacións non regradas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a terceira edición destas axudas que promoven accións formativas non formais e de curta duración á carta das necesidades das empresas e dirixidas especificamente aos seus cadros de persoal

10/07/2025 | 16:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta activa a terceira e a cuarta campaña de ´Merca no teu Comercio´ en máis de 25 concellos galegos

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou esta mañá en Pontevedra na presentación da terceira e cuarta campaña quincenal do programa Merca no teu comercio

09/07/2025 | 11:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo visitou hoxe a zona comercial do barrio de Monte Alto na Coruña coa Campaña Merca no teu Comercio

A delegada da Xunta puxo en valor unha das iniciativas da Xunta de Galicia, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, para dinamizar as vendas de proximidade.