Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destina máis de 10 M€ á nova edición de axudas para facilitar a persoas sen traballo a asistencia a cursos de formación orientados ao emprego
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria para o financiamento de gastos de desprazamento, manutención, aloxamento ou conciliación co gallo de apoiar a participación nas accións formativas impulsadas polo Goberno galego
A Xunta reafirma o seu compromiso coa colaboración público-privada como administración facilitadora que dá resposta ás necesidades do tecido produtivo
José González puxo de relevo a presenza internacional de Howden Iberia, así como as máis de mil persoas traballadoras coas que conta, incluído un cento na nosa terra
A Xunta publica os festivos locais dos concellos das catro provincias galegas para o ano 2026
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que detalla por municipios as datas festivas
A Xunta afianza no 2026 a aposta polo emprendemento ligado ao territorio co pulo á Rede de polos que xa facilitou crear 110 empresas na provincia de Ourense
José González subliñou que con esta rede tamén se promove o modelo coliving no rural, como o de Sende —en Lobeira—, e destacou o reforzo o vindeiro ano dos apoios aos emigrantes retornados que desexen emprender en Galicia
A Xunta pon en valor en Ourense o talento retornado a través do emprendemento ligado ao territorio
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe o estudIo de deseño e creación con pezas Lego impulsado polo enxeñeiro Pablo González, galego retornado desde Dinamarca que contou coa axuda do Goberno autonómico
A Xunta elevará en 2026 ata os 20 M€ o orzamento do programa Aprol Rural a prol da prevención dos incendios e incluirá a figura da persoa coordinadora
José González sinalou que o Concello de Castrelo de Miño foi un dos que se acolleu á posibilidade incorporada este ano da contratación anticipada, ao igual que outro medio cento de entidades locais da provincia para un total de 181 contratos
A Xunta pon en valor as posibilidades do programa Retorna Cualifica Emprego para cubrir as necesidades de man de obra das empresas de Ferrolterra
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, coñeceu esta mañá de primeira man a experiencia dun galego retornado contratado na empresa Fento Jardín SL da man desta iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración