Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destina preto de 22 M€ en actuacións clave nos concellos da comarca do Deza-Tabeirós cunha aposta histórica polo desenvolvemento das infraestruturas
O delegado territorial, Agustín Reguera, informa das contas para a comarca, que inclúen unha importante partida para a autovía AG-59, así como a nova Edar de Lalín ou a ampliación dos parques empresariais de Toedo e Lalín 2000
Rueda anuncia que a Xunta prevé 32 M€ para infraestruturas viarias na provincia de Ourense
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas salienta que estas actuacións amosan o compromiso do Executivo autonómico “con vertebrar Galicia, dinamizar o rural e comunicar a comunidade con Portugal”
Ortiz supervisa o inicio das obras de reforzo do firme en tres estradas autonómicas cun investimento de 2M€
A delegada territorial da Xunta de Galicia na área de Vigo visitou a estrada PO-342 xunto á alcaldesa de Salvaterra de Miño
A Xunta impulsa un total de 29 actuacións por máis de 4 M€ en 25 centros educativos de Ferrolterra
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, deu conta deste balance durante unha visita realizada esta mañá ao CEIP Ponte de Xuvia, en Narón
Belén do Campo avanza que os orzamentos da Xunta para 2026 destinan preto de 14,8 millóns para o desenvolvemento de vivenda pública e protexida na cidade da Coruña
A delegada da Xunta lembrou que na urbe herculina a Xunta ten en marcha 210 fogares públicos, resultado da construción dos 104 pisos de Xuxán, de 99 vivendas máis previstas na cidade e da rehabilitación dos dous inmobles do programa Rexurbe.
A Xunta proseguirá o luns os traballos de limpeza e roza nas marxes de oito estradas autonómicas ao seu paso por once municipios das catro provincias
Continuaranse con estas tarefas en vías de titularidade da Xunta nos seus distintos percorridos polos concellos de Carnota, Teo, Brión, Coristanco, Bóveda, Ourense, A Arnoia, Cortegada, Barro, Moaña e Cangas
A Xunta incrementa o apoio a grupos e proxectos de investigación ata acadar os 29,7 M€ para que desenvolvan a súa actividade ata o 2029
A Consellería de Ciencia amplía con 500.000 euros a convocatoria deste ano para apoiar cinco novos proxectos, chegando a reforzar o traballo científico de 142 grupos
Allegue anuncia 28 M€ para vivenda en Pontevedra e adianta que a Xunta facilitará a construción de vivenda protexida en solos dotacionais en desuso
Allegue destacou que é a provincia de Pontevedra a que conta co orzamento máis alto da Xunta en materia para vivenda, con 149 M€, dos que 28 M€ terán como destino a cidade do Lérez
Román Rodríguez anuncia para 2026 o inicio da construción do primeiro instituto do Pereiro de Aguiar
O conselleiro de Educación, acompañado polo delegado territorial en Ourense, Manuel Pardo, explica que o proxecto básico xa está redactado e supervisado
A Xunta somete a información pública o proxecto da senda na PO-352, entre A Guarda e Camposancos, cun investimento de máis de 1,3M€
O prazo para presentar alegacións será de 30 días hábiles contados desde mañá, é dicir, do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG