Actualidade
Buscador de novas
A Cidade da Cultura despide o próximo domingo a instalación inmersiva ‘Orixes’ con case 30.000 visitantes e as entradas esgotadas
Entre os asistentes inclúense máis de 5.000 estudantes dun centenar de centros de ensino de Galicia, que poden participar na experiencia de maneira gratuíta no marco dunha saída didáctica
Valentín García destaca as empresas como “eidos estratéxicos para a promoción social do galego”
O secretario xeral da Lingua participa no acto Galeguidade Empresarial, organizado coa colaboración da Xunta polo Foro Enrique Peinador, unha das entidades que participa activamente no proceso de actualización do Plan xeral de normalización da lingua
López Campos gaba “o persistente labor a prol da dinamización cultural” dos Premios da Crítica de Galicia
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa no acto de entrega de 2025 destes galardóns que recoñecen a excelencia na creación cultural desde 1978
López Campos anuncia un investimento de 10,5M€ ata 2028 para rematar as obras do Teatro Cine Fraga
O representante do Goberno galego adianta que no vindeiro ano rematarase o proxecto básico e de execución e licitaranse as obras que comezarán en 2027
Tres pezas de coiro, cerámica e téxtil competirán polo Premio Artesanía de Galicia 2025 dotado con 9.000€
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, presidiu a reunión do xurado destes galardóns na que se decidiu nomear os finalistas
A Xunta impulsa a difusión da música clásica a través da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asiste ao primeiro concerto da tempada 2025/2026 na que a sociedade celebra o seu décimo aniversario
O XVIII Certame Galego de Bandas de Música reúne 20 formacións de Galicia, Castela e León, Portugal e Colombia co apoio da Xunta
Máis de 1300 intérpretes, con idades comprendidas entre os seis e os 87 anos, participarán na que é unha das edicións máis numerosas na historia do concurso
A Xunta realizará novas escavacións arqueolóxicas na antiga vila romana de Brandomil por valor de 18.000 €
O director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, anuncia esta intervención destinadas a seguir coa investigación e revalorización deste importante xacemento