Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.053 novas da área temática Infraestruturas:

09/10/2025 | 13:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora das instalacións deportivas de Outes cunha achega de máis de 65.000€

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde Francisco Calo asinaron o acordo para realizar actuacións que suporán un custo superior aos 72.500 euros

08/10/2025 | 18:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora co concello de Val do Dubra na mellora de viarios ao paso por catro núcleos

O Goberno galego financia esta intervención cun préstamo por 241.765€ do Fondo de Cooperación, a través desta liña dirixida a municipios de menos de 50.000 habitantes

08/10/2025 | 15:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 895.500 euros na mellora da estrada autonómica LU-622 que conecta Sarria e Láncara

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se renovan o pavimento e a sinalización horizontal e incorpóranse cunetas de seguridade nos 8 quilómetros da vía

08/10/2025 | 10:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
07/10/2025 | 16:21 | C. de Economía e Industria

Lorenzana cualifica a construción do polígono de Fragamoreira, que podería comezar a finais de 2027, como unha obra prioritaria para a Xunta

O DOG publica hoxe o anuncio polo que se somete a información pública o Plan Estruturante de Ordenación de Solo Empresarial (Peose) deste parque, aprobado a semana pasada no Consello da Xunta

07/10/2025 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A demolición do Hotel de Pacientes do Chuac entra na súa recta final co acceso de maquinaria especializada

Rematados os traballos de derribo no interior do inmoble, a Xunta está a abordar os de demolición das fachadas e estrutura, co emprego de tres escavadoras con brazos articulados de ata 32 metros de largo

06/10/2025 | 14:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inxecta outros 7,2 M€ ás universidades de Santiago e Vigo para seguir avanzando na renovación dos seus edificios a través do Plan de infraestruturas

Calvo salienta que as achegas céntranse nas obras de construción da nova Facultade de Farmacia da capital de Galicia e do Edificio de Aeroespacial en Ourense

06/10/2025 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial da Xunta supervisa o estado das obras da senda do Barbaña na zona da Ponte Codesal, en Ourense

Manuel Pardo destacou que as actuacións adquiren unha gran relevancia porque non so dan continuidade á nova senda se non que serven para comunicar ambas marxes do rio co núcleo da cidade

06/10/2025 | 12:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo lamenta o retraso de ano e medio no inicio das obras de mellora da mobilidade peonil na estrada AC-840 en Oza-Cesuras pola falta da autorización de ADIF

A delegada agradeceu ao rexedor a súa disposición de facerse cargo da conservación e mantemento da obra que conta cun orzamento de 1,26 millóns de euros