Actualidade
Buscador de novas
A Consellería do Mar e o Craega renovan a súa colaboración para seguir potenciando os produtos ecolóxicos de Galicia
A Xunta achega 40.000 euros ao desenvolvemento desta iniciativa que inclúe accións nos campus universitarios galegos co fin de que a mocidade introduza o seu consumo na dieta diaria
A Xunta colabora con Anfaco para facer de Galicia o epicentro da conserva de atún mundial reunindo a máis de 400 directivos dos principais países produtores
O titular de Mar destaca que este evento, que terá lugar en Vigo o vindeiro mes de setembro, reforza o liderado cadea mar-industria da comunidade que produce o 60% da conserva de Europa
O Intecmar realiza 80.000 análises anuais para controlar a calidade e a salubridade dos produtos do mar de Galicia
Emite máis de 6.000 informes ao ano co fin de posibilitar os plans de explotación das entidades marisqueiras
O CIMA de Ribadeo produciu o pasado ano preto de 908.000 unidades de ourizo e de ameixa que foron distribuídas ás confrarías de pescadores
Dende o ano 2010, a Xunta leva abonados aos pósitos e entidades vinculadas ao sector 8 millóns de euros para proxectos específicos de rexeneración dos bancos, e que permitiron a sementeira en máis de 4 millóns de m2 de terreo
O Centro de Formación A Aixola convoca unha nova edición do Curso de confección e mantemento de artes e aparellos, único en Galicia nesta modalidade
A formación, que permite obter un certificado profesional de nivel 2, conta cunha elevada taxa de inserción laboral, dada a alta demanda destes profesionais
Ana Ortiz salienta a innovación e competitividade de Conservas Cerqueira como referencia do sector en Vigo
A delegada territorial visitou a empresa viguesa beneficiada pola Consellería do Mar no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA)
A Xunta leva o mellor sabor das rías galegas á feira de maquinaría agrícola, forestal e de produtos ecolóxicos Magreco en Biomorto coa campaña de Galicia sabe AMar
A delegada da Xunta, Belén do Campo, e alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, visitaron a foodtruck da campaña