Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.074 novas da área temática Territorio:

27/04/2025 | 14:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comeza mañá o traballo de campo para o estudo anual de avaliación da calidade da rede pública de autobuses interurbanos

O traballo de campo inclúe máis de 16.000 enquisas e observacións, divididas en 13.200 enquisas a persoas usuarias, 1.974 observacións do tipo cliente misterioso, 457 enquisas a centros de ensino con transporte compartido e 600 enquisas a persoas non usuarias

25/04/2025 | 13:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Manuel Pardo enxalza a contribución do asociacionismo veciñal a prol da dinamización da vida social e cultural dos cidadáns

O delegado territorial explicou que para a adquisición deste novo equipamento, esta asociación veciñal contou cunha achega de preto de 5.000 euros da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, ao abeiro do plan específico de acción comunitaria destinada a colectivos veciñais, asociacións de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas.

25/04/2025 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon á disposición un texto consolidado da Lei do Solo de Galicia para facilitar a consulta e aplicación da normativa urbanística

O documento integra nun único texto as modificacións que a norma tivo dende a súa orixe, o que axiliza a consulta por parte dos profesionais que o necesiten

24/04/2025 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a construción dun novo edificio de 14 vivendas de promoción pública en Xuxán, na Coruña

Allegue destaca que a Xunta inviste na obra 3,3M€, un 80% de fondos propios

23/04/2025 | 12:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 570.000 euros as obras de humanización da praza Isaac Díaz Pardo no concello de Oroso

Trátase de poñer en valor esta praza no núcleo de Sigüeiro, onde se sitúan os principais equipamentos municipais, transformándoa en espazo de preferencia peonil para convertela en lugar de encontro e de celebración de eventos

23/04/2025 | 12:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 6 ofertas para a execución das obras de mellora da OU-212 ao seu paso por Avión e Beariz, cun investimento de case 1,5 M€

Os traballos, que se prevén iniciar neste verán, abranguen a mellora dun tramo de 6 quilómetros da estrada autonómica entre Beariz e o desvío cara ao núcleo de Couso

22/04/2025 | 10:59 | C. do Medio Rural

Medio Rural cede ao Concello de Curtis a titularidade de dous predios da zona da parcelaria de Fisteus

A directora xeral de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, asinaron esta mañá a cesión