Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o Concello de Cerdedo-Cotobade avalían as necesidades municipais en saneamento e abastecemento
Ángeles Vázquez lembra que Augas de Galicia convocará este ano varias liñas de axudas para apoiar ás entidades locais na xestión dos servizos relacionados coa xestión da auga
A Xunta mellora e amplía as infraestruturas de abastecemento de auga do Concello de Palas de Rei cun investimento de preto de 100.000 euros
Ángeles Vázquez explica que esta actuación, financiada ao 100% por Augas de Galicia, beneficia de xeito directo a preto dun milleiro de veciños do casco urbano
Ángeles Vázquez celebra a aprobación da Lei do clima que consolida Galicia como referente na loita contra o quecemento global
Indica que esta nova norma contribuirá a que a Comunidade sexa neutra en emisións dez anos antes do que propón a Unión Europea
A Xunta anima ás entidades locais a colaborar na elaboración do Plan xeral galego de saneamento para garantir un servizo máis eficiente e sostible
Ángeles Vázquez salienta que a prioridade será, ademais da construción de novas infraestruturas, garantir o seu correcto funcionamento, a súa eficiencia e a súa integración co medio ambiente e co territorio
A Xunta avalía as deficiencias e posibles actuacións de mellora na rede de saneamento de augas residuais de Santa María de Melide
Ángeles Vázquez salienta que o Concello conta cunha axuda de Augas de Galicia de preto de 29.000 euros para financiar o 100% das obras necesarias para corrixir as infiltracións no sistema procedentes da piscina e da antiga fonte municipais
A Xunta e o Concello de Teo completan a renovación da rede de abastecemento na rúa Loureiro, que garante a calidade do subministro a máis de 200 familias
A obra, financiada ao 100% por Augas de Galicia, consistiu en substituír a condución da traída na rúa Loureiro para poñer fin aos cortes puntuais que sufría esta zona
A Xunta destina máis de 96.500 € á mellora das instalacións de nove comunidades de usuarios de augas de Ponteareas
O delegado territorial destacou a importancia do traballo que levan a cabo os voluntarios e voluntarias das agrupacións
A Xunta apoiou ás comunidades de usuarios de augas con 2,44 M€ desde 2020 para a mellora das súas instalacións
Ángeles Vázquez avanza que nas vindeiras semanas se publicará unha nova convocatoria destas axudas por un importe de 500.000 euros
A Xunta e o Concello de Manzaneda avalían vías de colaboración para desenvolver distintas actuacións de abastecemento no municipio
O Goberno local remitirá ao Executivo galego memorias técnicas dos proxectos propostos para avaliar a posibilidade de apoialos técnica e economicamente
A Xunta e o Concello de Meaño investirán case 82.000 € na mellora do saneamento no lugar de Abuín
Os traballos, que se prevé que poidan comezar este mesmo ano, inclúen a colocación dunha nova condución duns 350 metros, a substitución de colectores antigos por un novo e de maior capacidade e a construción de pozos de rexistro impermeabilizados