Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 91 novas da área temática Litoral:

29/11/2025 | 13:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia mantivo durante o ano 2024 unha boa calidade do aire en zonas urbanas, rurais e industriais

O informe anual elaborado por MeteoGalicia conclúe que ningunha das estacións da Comunidade superou os valores límite para a protección da saúde humana e apunta tamén a unha lixeira mellora nos resultados con respecto ao ano anterior

26/11/2025 | 19:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez eloxia a mostra Galicia, litoral máxico como a mellor invitación para descubrir os valores ambientais, turísticos e socioculturais da costa galega

Pon en valor que as obras artísticas que a integran plasman á perfección os “recunchos máxicos” do noso litoral coa súa fisionomía tan característica, a súa riqueza natural, o amplo patrimonio cultural ou as tradicións mariñeiras

25/11/2025 | 14:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta resolve o concurso para o deseño dun prototipo de ‘chiringuito’ biosostible na costa coa selección de 3 das 16 propostas admitidas

O xurado, presidido polo director do Instituto de Estudos do Territorio, decidiu outorgar tres premios de 12.000 €, 10.000 € e 8.000 €, respectivamente

23/11/2025 | 12:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta lanza a XIV edición do programa de educación ambiental ´O Parque Nacional coa Escola´

O alumnado e profesorado que participa nesta acción pertence a 45 centros da área de influencia do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

22/11/2025 | 11:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ten identificadas máis de 850 parcelas na costa e avaliará cos seus propietarios a posibilidade de mercalas para crear refuxios no litoral

O Executivo galego estima que arredor do 10% da superficie costeira de Galicia é susceptible de converterse nalgún destes espazos de especial conservación, na liña do que recolle a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia

21/11/2025 | 16:07 | Axencia de Turismo de Galicia

Belén do Campo anima aos propietarios de establecementos de aloxamento e restauración da costa a solicitar as axudas para a mellora dos seus negocios ata o 12 de decembro

A delegada da Xunta explicou que esta iniciativa, dotada con 5 millóns de euros estrutúrase en tres liñas principais: eficiencia enerxética, dixitalización e para melloras de fachadas, cubertas e muros

21/11/2025 | 14:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

As comunidades costeiras coinciden na necesidade de modificar a lei de costas estatal para garantir o exercicio pleno das súas competencias sobre o litoral

Ángeles Vázquez anima ao resto de autonomías a asumir a xestión plena da súa franxa costeira e insiste en que é o momento de reformar a normativa nacional para adaptala á realidade e ás necesidades actuais

20/11/2025 | 16:26 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Amplíase o prazo para solicitar as axudas a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral ata o 12 de decembro

A última convocatoria deixou preto de 600.000 euros na provincia e beneficiou a 18 establecementos

19/11/2025 | 19:12 | C. do Mar

Belén do Campo inaugura en Cereixo o novo acceso ao Muíño de Mareas, unha actuación para poñer en valor esta contorna mariñeira co apoio da Xunta a través do GALP Costa da Morte

A delegada da Xunta destacou que esta actuación “pon en valor un enclave de alto interese natural, cultural e etnográfico, reforzando a relación de Cereixo co mar e contribuíndo á difusión da súa riqueza ambiental e histórica

17/11/2025 | 12:43 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia anima aos titulares de establecementos da franxa costeira a que soliciten as axudas ao embelecemento do litoral

Xosé Merelles inagurou esta xornada técnica que se celebra este luns na Cidade da Cultura