Actualidade
Buscador de novas
Villares e a alcaldesa de Paradela analizan os proxectos e investimentos da Xunta no concello
O delegado territorial de Lugo destacou o apoio para acondicionar infraestruturas municipais como a escola de música, así como as obras de mellora previstas na estrada autonómica LU-633 entre Sarria, Paradela e Portomarín
Gómez Caamaño pon en valor o traballo das entidades que asisten a preto de 1.600 persoas con adiccións, cun apoio da Xunta que este ano acada os 312.000 euros
Subliña que a atención ás adiccións debe ir máis alá da asistencia sanitaria e considera que a recuperación tamén precisa apoio social, orientación, acompañamento e oportunidades de integración
A Xunta licita por 670.000 euros o servizo de transporte intercentros de carros de lencería e comida entre os hospitais da área sanitaria de Ferrol
Esta licitación está reservada para centros especiais de emprego de iniciativa social ou empresas de inserción
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue convida aos cidadáns a doar sangue nas xornadas previas ao 25 de xullo
A ADOS agradece o compromiso solidario da sociedade galega nas campañas de doazón de sangue e lembra a necesidade de obter 400 achegas diarias para garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos aos hospitais galegos
Gómez Caamaño avanza a próxima convocatoria por concurso de méritos das 25 prazas vacantes de médico de Urxencias do Hospital de Ourense
A oferta pública de emprego realizarase baixo esta modalidade grazas ao impulso, por parte da Xunta, da reforma da Lei de medidas extraordinarias dirixidas á provisión de postos de difícil cobertura, aprobada o 7 de xullo no Parlamento galego, que dá esta consideración ás prazas de medicina de urxencias do complexo ourensán
A Xunta licita por máis de 641.000 euros a redacción do proxecto e dirección de obra do novo centro de saúde de Ponteareas
O obxectivo é dotar este municipio dun centro de saúde máis amplo e accesible para substituír o actual, que ten máis de 35 anos de antigüidade e carece de capacidade para habilitar novos espazos cos que medrar en servizos sanitarios
A Xunta dará por finalizada mañá a alerta por posibles efectos da calor na zona de Valdeorras
Nos vindeiros días espérase que a masa de aire cálido se vaia desprazando cara ao leste, sendo substituída por aire atlántico, máis fresco e húmido
Gómez Caamaño lamenta a falta de acción do Ministerio de Sanidade para frear a folga contra o Estatuto Marco que se prevé indefinida a partir de setembro, agravando a situación das lista de espera
Manifesta a súa falta de confianza na vontade da ministra de dar solución ao conflito xerado cos facultativos polo Estatuto Marco
Allariz súmase hoxe á campaña de doazón de sangue “Un alento de vida”
O municipio ourensán acadou no 2025 un dos índices de participación máis elevados da provincia, obtendo unha taxa de 50 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano
O Servizo Galego de Saúde publica a resolución do concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de enfermeiro especialista en enfermería xeriátrica
Resultan nomeadas como persoal estatutario fixo na categoría de enfermeira especialista en xeriatría 5 profesionais do Servizo Galego de Saúde