Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e Clusaga colaboran no reforzo da internacionalización da cadea mar-industria coa captación de novos mercados no horizonte
A comunidade é unha das principais potencias exportadoras de produtos pesqueiros a nivel mundial cunhas ventas anuais de preto de 2.800 millóns de euros con destinos á alza como Estados Unidos ou Emiratos Árabes Unidos
Villaverde traslada aos representantes do sector os avances na tramitación de novas medidas de reforzo da actividade pesqueira e marisqueira na comunidade
Entre elas a modificación da Lei de Confrarías de Pescadores de Galicia para regular as coñecidas como ‘demasías’ ou a proposta de modificación do baremo para a selección das prazas para marisqueo a pé
Rueda reafirma o liderado de Galicia na economía azul durante a celebración do Día Marítimo Europeo
Reivindica á nova Estratexia da Economía Azul de Galicia, unha folla de ruta ata 207 con 40 medidas que conta cun orzamento superior aos 114 millóns de euros
Portos de Galicia e Culturmar asinan un convenio de colaboración para a organización do XVII Encontro de embarcacións tradicionais en Ribeira
O evento celebrarase do 17 ao 20 de xullo nun espazo cedido polo ente público para fomentar e promocionar o patrimonio marítimo e a flota tradicional
Marta Villaverde destaca a contribución da muller na produción pesqueira, marisqueira e acuícola, e nos proxectos innovadores e de transformación
Avoga por seguir defendendo a realidade socio-laboral feminina que, no caso da industria e da comercialización, representa o 49% dos empregos e, no marisqueo a pé, supera o 75% dos posto de traballo
Rueda salienta o compromiso da Xunta coa investigación mariña e a calidade científica no 50º aniversario do CIMA
Destaca a influencia do CIMA sobre a modernización da acuicultura galega, a protección dos cultivos de moluscos ou a profesionalización das mariscadoras
A Xunta manifesta a súa decepción fronte a desestimación do recurso contra o veto á pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico Nororiental
O Goberno galego está analizando en detalle cos asesores xurídicos e o sector a sentenza, que destaca pola súa complexidade e extensión, e estudará a posibilidade de poder recorrer esta decisión xudicial
A Xunta defende a Estratexia Galega de Economía Azul na Conferencia Mundial sobre os Océanos
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE foi seleccionado para formar parte da delegación do Comité Europeo das Rexións neste foro, destacando o seu papel como relator do ditame sobre o futuro da pesca
Marta Villaverde aborda coas principais cadeas de distribución e comercialización os principais retos para impulsar o consumo de peixe, marisco e conservas
No encontro, no que participaron empresas como Velgasa-Eroski, Alcampo, El Corte Inglés, Carrefour, Gadisa e Froiz, trasladouse a dinámica e funcionamento do Bono Peixe que será lanzado nas vindeiras semanas