Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural promove a I Feira do Viño Rosado de Galicia dentro da Festa da Rosa de Mos
Un total de oito adegas das denominacións de orixe Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras participan no evento, inaugurado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, quen foi nomeada tamén Valedora da festa
A Xunta impulsa a comercialización do produto artesán galego nunha nova edición do evento ‘Artesanía de Galicia en Merza’
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou hoxe esta feira promovida en colaboración co taller Eferro dentro do programa de feiras de carácter mensual que se desenvolven desde abril no espazo eferroGhalpón
López Campos anuncia unha nova edición de 'Territorio Cultura' con 250.000 euros para proxectos no rural
O obxectivo desta iniciativa é ampliar e diversificar a actividade cultural en áreas non urbanas a través de propostas de creación, mediación, dinamización, investigación, exhibición ou intercambio
Galicia consolídase como referente estatal na prevención do tabaquismo e a promoción da saúde comunitaria
A comunidade vén de recibir o recoñecemento do Ministerio de Sanidade polas iniciativas Praias, parques e portos sen fume
A Xunta promove actividades interxeracionais nas que a experiencia dos maiores serve de guía para os mozos
A través deste tipo de iniciativas, o Goberno galego fomenta a participación dos maiores e os vínculos destes coas novas xeracións
O avance na prolongación da autovía Santiago-A Estrada obriga ao corte da estrada AC-241 ao seu paso por Vilar, no concello de Teo, a partir deste luns
O obxectivo é executar os traballos necesarios para rematar o enlace da AC-241, polo que o corte comezará este vindeiro día 15 e, por un prazo de dúas semanas e media
A Xunta arrinca a tempada de verán de turismo de festivais coas primeiras grandes citas de Concertos do Xacobeo
O Son do Camiño, Noites do Porto, Galicia Fest, Resurrection Fest e Tom Jones no Gozo Festival protagonizan o comezo do verán musical co apoio de Turismo de Galicia
A Xunta ofrece apoio técnico ás entidades locais que recibiron fondos europeos para proxectos en espazos naturais co fin de cumprir os prazos e exixencias da UE
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, como xestora en Galicia das axudas financiadas con fondos NextGenerationUE para actuacións en reservas de biosfera e na área de influencia do Parque Nacional, realiza reunións a nivel provincial para resolver posibles dúbidas e coordinar o envío da documentación
As cidades galegas ilumínanse de vermello na conmemoración do Día Mundial do Doante de Sangue
Tinguiranse de vermello o Teatro Jofre de Ferrol, a Torre Hejduk da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, a Ponte Vella de Ourense e as Fontes da rúa Aragón en Vigo