Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.229 novas da área temática Administración pública:

11/12/2024 | 18:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anuncia unha nova convocatoria da orde para financiar obras de eficiencia enerxética en infraestruturas municipais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destaca hoxe no Parlamento galego que o importe das subvencións para o período 2025-2026 acada os 5M€, dos que o 60% se financia con fondos Feder

11/12/2024 | 13:14 | C. de Facenda e Administración Pública

O catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Salamanca Ricardo Rivero Ortega abordará na EGAP as responsabilidades de autoridades e empregados públicos

A Escola Galega de Administración Pública celebrará o venres a conferencia Responsabilidades de autoridades e empregados públicos

10/12/2024 | 12:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova o convenio co Consello da Avogacía Galega para compensar os gastos da asistencia xurídica gratuíta cun importe de 200.000 €

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asina o acordo para a compensación aos profesionais designados en virtude de requirimento xudicial ou polo asesoramento prestado á persoa detida ou investigada cando non exista o recoñecemento do dereito á quenda de oficio 

07/12/2024 | 12:03 | A Presidencia da Xunta

Rueda agradece o labor de Antonio Bernal á fronte da Delegación de Defensa en Galicia

O presidente da Xunta mantivo un encontro co coronel, que deixará o seu cargo este mes despois de case seis anos de exercicio

06/12/2024 | 10:11 | C. de Facenda e Administración Pública

Preto de 700 nenos e nenas participarán este ano nas videoconferencias con Papá Noel que organiza a Rede CeMIT

Alumnado de 3 e 7 anos de 20 concellos asistirá a estes encontros virtuais entre os días 11 e 19 de decembro

05/12/2024 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
05/12/2024 | 13:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta urxe ao Goberno central a aclarar o estado das reclamacións polo dano ambiental e os custos xerados polo episodio dos pellets

O Executivo galego presentará un recurso de alzada para poñer fin ao silencio do Ministerio e lograr avances neste eido ao tempo que negocia extraxudicialmente cos representantes da navieira coa finalidade de que afronte os custos do suceso

04/12/2024 | 16:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta propón unha serie de cambios ao Goberno central para clarificar as condicións nas que Galicia xestionará o seu litoral

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático remite as súas alegacións ao novo borrador enviado polo Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática para o traspaso dos medios e funcións sobre a costa

03/12/2024 | 17:24 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta aproba un novo número da Revista Galega de Administración Pública

Esta tarde reuniuse o equipo editorial da Revista Galega de Administración Pública (REGAP) para aprobar os contidos do número 67

03/12/2024 | 14:43 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta resalta a importancia da planificación estratéxica para garantir un mellor e máis responsable servizo á cidadanía

A Escola Galega de Administración Pública clausurou esta mañá o curso monográfico A planificación estratéxica, impartido polo director do servizo de formación da Deputación de Barcelona, Enric Herranz Moral