Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Forestal:

03/12/2024 | 14:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a madeira na construción con máis de 12 M€ en axudas entre 2024 e 2025

O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para a edificación sustentable do futuro na Biblioteca do Concello da Veiga (Ourense)

03/12/2024 | 13:49 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta que os datos de incendios forestais deste ano son os mellores da década

A conselleira lembra que o número de incendios durante período de alto risco (entre xullo e setembro) foi o máis baixo da serie histórica, con 71 en total no conxunto de Galicia e 1.407 hectáreas ardidas

02/12/2024 | 14:44 | C. do Medio Rural

Medio Rural publica hoxe a resolución das axudas por importe de algo máis de 1,5 M€ para a rexeneración e mellora de frondosas autóctonas en 540 hectáreas

O prazo máximo para presentar a xustificación das actuacións subvencionables é o 30 de xuño de 2025, segundo se establece no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia

28/11/2024 | 10:41 | C. do Medio Rural

Medio Rural alleará 31 lotes de madeira por valor de 600.000 euros nunha poxa pública en Pontevedra

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da poxa que terá lugar o vindeiro 17 de xaneiro

22/11/2024 | 13:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña o compromiso de Maderas Pérez Giménez coa competitividade, a internacionalización e a calidade dos produtos forestais

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, visita as instalacións do serradoiro Maderas Pérez Giménez

20/11/2024 | 15:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña que a cadea forestal-madeira supón o 12 % do emprego industrial e avoga por aproveitar os recursos forestais propios para industrializar Galicia

A conselleira María Jesús Lorenzana, sinala que “temos que seguir traballando na parte da investigación forestal e tamén na de mellora xenética das coníferas”

19/11/2024 | 18:03 | C. do Medio Rural

Medio Rural axilizará a mobilidade de terras no Val de Lemos para optimizar as súas producións agrogandeiras e forestais

A conselleira María José Gómez reuniuse esta tarde con representantes municipais dos concellos de Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón e Sober para avanzar na colaboración institucional nesta materia

19/11/2024 | 16:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consorcio Provincial Contraincendios de Pontevedra adquire tres novos vehículos

A Xunta e a Deputación de Pontevedra acordaron a adquisición deste equipamento destinado aos parques de bombeiros con sede no Porriño, Ribadumia e Bueu

19/11/2024 | 16:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña que o proxecto de recuperación de soutos e castiñeiros de Nogueira de Ramuín axudará a manter o sistema agroforestal do interior de Galicia

O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na presentación do proxecto Transformación bioeconómica forestal en Nogueira de Ramuín mediante a recuperación do bosque avellentado para o seu axeitado aproveitamento