Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.072 novas da área temática Territorio:

26/02/2025 | 15:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística abre as súas portas aos alumnos do IES Plurilingüe de Ames para incentivar a concienciación sobre o coidado do territorio

Un total de 32 alumnos de 1º de bacharelato participaron esta mañá desta actividade, cuxo obxectivo principal é sensibilizar, divulgar e formar aos participantes en relación ao medio e a intervención e ordenación do territorio

17/02/2025 | 17:11 | C. do Mar

Xunta e Interfish-España renovan o seu compromiso para impulsar a promoción e a comercialización da quenlla, o marraxo e o peixe espada

O acordo inclúe a realización dun informe sobre a situación do mercurio nos grandes migradores e a incidencia do selenio no seu consumo, o desenvolvemento de campañas promocionais ou a participación en Conxemar 2025

10/02/2025 | 15:25 | C. do Medio Rural

Belén do Campo destaca o investimento de case 138.000 euros na mellora de infraestruturas rurais de Boimorto

A delegada da Xunta avaliou coa alcaldesa as aportacións da Xunta que serven para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas

07/02/2025 | 14:43 | C. do Medio Rural

María José Gómez salienta o papel das axudas para proxectos empresariais non agrícolas á hora de dinamizar o tecido socioeconómico do rural

A conselleira do Medio Rural visitou a imprenta de Aída Marcos Arias en Bustelo de Fisteus, no concello lucense de Quiroga, que foi beneficiaria destas achegas para rehabilitar e acondicionar o inmoble no que se sitúa o seu negocio

07/02/2025 | 13:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na prolongación da AG-59 co izado das vigas do novo viaduto de Santa Lucía, en Teo

Os traballos para instalar as doce vigas que soportarán o novo viaduto comezaron esta semana e hoxe estase a instalar a quinta viga, coa previsión de ter todas colocadas a finais da vindeira semana

06/02/2025 | 18:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia e Portugal avanzan no deseño de estratexias locais de desenvolvemento de infraestruturas verdes no marco do proxecto ‘Green Gap’

O director do Instituto de Estudos do Territorio comparte nun encontro en Guimaraes a experiencia galega no proceso de elaboración da estratexia da infraestrutura verde e pon en valor que Galicia foi a primeira autonomía española en aprobar este instrumento

06/02/2025 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo e o alcalde de Arteixo visitan a zona declarada Área de Rehabilitación Integral (ARI) en Meicende-O Petón

Esta nova ARI ocupa unha superficie de 63.091 m2 que abrangue o solo urbano de uso residencial, incorporando , incorporando os asentamentos orixinais incluídos en Meicende das Eiras, Sobrado, Torroal e o Petón.