Actualidade
Buscador de novas
A Xunta prevé estender este ano a un milleiro de establecementos o proxecto piloto de reclamación dixital en materia de consumo
José González destacou que esta iniciativa é pioneira a nivel estatal e que se está a estender tamén á electricidade e á telefonía para avanzar na simplicidade, axilidade e eficacia do proceso de reclamación en beneficio dos consumidores
A Xunta e a Fundación RIA potencian as prazas de abastos como o mellor escaparate do produto galego a través das xornadas ‘Encontros de mercado’
O programa de actividades desenvolverase entre os meses febreiro e abril no marco da exposición adicada a estes espazos que está aberta ao público durante o primeiro trimestre deste ano en Casa RIA
A Xunta premiará a excelencia dos centros comerciais abertos no marco das axudas de 2,5 M€ para fortalecer a súa capacidade dinamizadora en vilas e cidades
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a nova orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para apoiar as actividades das agrupacións de comerciantes, buscando primar a calidade e a innovación das súas propostas
A Xunta consolida a súa aposta polo comercio de proximidade coas novas achegas aos centros comerciais abertos
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe en Arteixo na presentación da campaña de dinamización do comercio local En febreiro, en Arteixo, celebramos o amor, promovida polo Centro Comercial Aberto do municipio
A Xunta reforza o compromiso coa empregabilidade da mocidade subindo a preto de 6,3 M€ o orzamento de 2025 do programa de 1ª experiencia profesional
A acción forma parte da batería de medidas destinadas á forza laboral interna, chave para cubrir as demandas do tecido produtivo xunto a un plan de captación de talento que inclúe feiras de emprego na Arxentina (6 e 7 de marzo) e O Uruguai (10 de marzo)
A Xunta unifica nunha única convocatoria con case 4 M€ os apoios á dixitalización, modernización e sustentabilidade do tecido comercial e artesanal
Rueda sinala que a Administración autonómica busca “promover o comercio local de proximidade e tamén a cada vez máis puxante artesanía galega” ao tempo que se aposta por unha maior axilización nas tramitacións para maximizar o impacto no sector
A Xunta lanzará o venres a nova orde de achegas para os centros comerciais abertos potenciando a súa excelencia e capacidade de dinamización territorial
José González avanza que a convocatoria de 2025, que amplía o orzamento ata os 2,5 M€, busca potenciar esta figura clave para a vertebración das vilas e cidades galegas, sinalando que as asociacións poderán concorrer a premios extraordinarios de 50.000 euros
Lorenzana destaca o peso do sector téxtil e o metalmecánico nas exportacións de Galicia a Paraguai
Subliña que a industria metalmecánica aumentou máis de catro veces o seu volume de exportacións nos dous últimos anos