Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.714 novas da área temática Educación:

16/09/2025 | 13:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e CDTI difunden as oportunidades de financiamento no ámbito da I+D+i en seguridade e a defensa

Celébrase unha xornada para preparar a empresas, centros tecnolóxicos, e universidades a aproveitar os novos fondos destinados á innovación neste sector

16/09/2025 | 13:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Termómetro Acoso Escolar comeza a funcionar hoxe para avanzar nunha escola segura, inclusiva e respectuosa

Román Rodríguez sitúa a tolerancia cero neste eido como “unha prioridade da Xunta” avalada por un abano de medidas que este curso se intensifican con esta acción ou a futura Rede de Concellos contra o Acoso Escolar

15/09/2025 | 21:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez recoñece o labor do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais pola posta en valor da cultura, do patrimonio e dos valores cidadáns

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP participa na entrega do XXIX Premio Internacional Grupo Compostela de Universidades a esta prestixiosa entidade 

15/09/2025 | 16:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta de Galicia reforza a loita contra o acoso escolar cunha nova ferramenta para que os docentes poidan intervir dun xeito áxil e rápido ante posibles conflitos

O presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, sinala que o novo Termómetro Acoso Escolar está orientado a blindar os centros escolares como “espazos seguros e libres de calquera violencia”

15/09/2025 | 15:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca ‘Biblioteca Creativa’ para que 25 centros educativos se incorporen a este programa de estímulo da investigación e a experimentación

O prazo de solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro, tanto para os novos centros como para a continuidade dos 191 que xa forman parte desta iniciativa 

15/09/2025 | 14:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia apoia a Noite Galega das Persoas Investigadoras que inclúe máis de 200 actividades nas sete cidades galegas

Esta cita celebrarase o 26 de setembro simultaneamente en multitude de cidades europeas para achegar a ciencia á sociedade dun xeito ameno e participativo

14/09/2025 | 10:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recoñece os 45 mellores proxectos de innovación na FP con 1 M€

As propostas abranguen desde melloras tecnolóxicas ou científicas vinculadas a procesos produtivos reais ata o deseño de recursos didácticos ou orientación laboral

13/09/2025 | 13:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta avanza na ampliación de centros educativos coa licitación do CEIP Ben-Cho-Shey no Pereiro de Aguiar

O conselleiro Román Rodríguez participa na presentación do proxecto, por case 2 M€, e subliña que o Goberno galego está a construír ou ampliar 52 centros

13/09/2025 | 10:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta premia as propostas de negocio de 119 alumnos de 10 centros educativos no concurso ‘Atrévete a ter unha idea’

O concurso busca promover o espírito proactivo e colaborativo dos estudantes e inclúe visitas a asociacións empresariais e centros de FP

12/09/2025 | 16:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez presenta as novas obras no Colexio Gregorio Sanz de Ribadeo, coas que a Xunta completará a rehabilitación do centro

Invístense 410.000€ na substitución do peche perimetral e na rehabilitación da zona de xogos e áreas exteriores do centro