Actualidade
Buscador de novas
A Xunta actualizará o decreto de formación do profesorado para axustalo ás necesidades actuais como elemento chave para a calidade do ensino
Inicia o proceso para recoller achegas previas para a nova normativa que modernizará estas actividades e as adaptará á dixitalización, entre outros
A Xunta contrata por case 105.000 € o servizo de actividades de sensibilización e divulgación nas aulas da natureza de Siradella e O Veral
As accións previstas, que se desenvolverán principalmente nas propias instalacións pero tamén en centros educativos, socioculturais ou sedes doutras entidades, teñen como fin difundir os valores da Rede Natura 2000 e dos espazos protexidos entre a cidadanía
A IV Edición de CIBER.gal esgota en menos de 15 días as 750 prazas presenciais para a xornada destinada á cidadanía
Os interesados en asistir a este bloque teñen dispoñibles prazas para o seguimento en streaming
A EGAP organiza un webinario para analizar a situación e o réxime xurídico do funcionario interino
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu hoxe o webinario O persoal funcionario interino: entre a xurisprudencia europea e a xurisprudencia dos tribunais españois cunha participación dun cento de empregados públicos
A Xunta defende a importancia da formación e o talento para a transformación e a mellora competitiva do tecido produtivo galego
A directora do Igape, Covadonga Toca, participou na inauguración da xornada Benvido Futuro: Proxectando Galicia, un encontro para abordar os desafíos e oportunidades do futuro empresarial galego que se desenvolve no marco do programa Capacita Directivos
A Xunta aposta pola formación á carta e a retención de talento como dous eixos chave para potenciar a competitividade do tecido produtivo galego
Sobre os traballadores que están hoxe en Galicia, José González insistiu na importancia das microformacións e na nova Estratexia de Mocidade Activa, ademais do programa de arraigamento para a inserción de inmigrantes en situación irregular
A Xunta pon de relevo as accións que se levan a cabo no Centro de Formación e Emprego de Ames en beneficio das oportunidades laborais dos veciños da contorna
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou hoxe este centro, onde se desenvolven diversas iniciativas apoiadas pola Xunta como un obradoiro de emprego dual e un Programa Integrado de Emprego (PIE)
Rueda destaca ao naval galego coma un referente internacional que exerce de embaixador da marca Galicia Calidade por todo o mundo
Salienta que é un sector estratéxico para a economía de Galicia ao representar o 5% do PIB e dar traballo a 26.000 persoas
A Xunta pon de relevo a colaboración co Clúster da función loxística de Galicia para atender as súas necesidades formativas a través das microformacións
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou esta tarde na inauguración do encontro Sinerxías para analizar as necesidades formativas da función loxística de Galicia