Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.959 novas da área temática Infraestruturas:

23/07/2025 | 12:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Xunta e Deputación abordan co equipo de César Portela a futura obra do Teatro Cine Fraga

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, traslada que o Goberno galego prevé rematar a vindeira semana os pregos para que sexa o autor do proxecto orixinal e director da obra xa executada o que remate os traballos

23/07/2025 | 12:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 14 ofertas para a execución da urbanización para unha área de servizo e sendos aparcadoiros para vehículos e camións na AG-53, en Maside

O contrato, licitado por un investimento que supera os 3,6 M€ ten como obxectivo a dotación dunha área de servizo na AG-53, no quilómetro 80+465, con acceso directo en sentido Santiago e conexión mediante un paso a distinto nivel en sentido Ourense

23/07/2025 | 12:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste máis de 3,5 M€ no reforzo do firme de cinco estradas autonómicas en Ferrolterra

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, supervisou esta mañá os traballos que se están a desenvolver na estrada AC-862, ao seu paso polo termo municipal de Ortigueira

22/07/2025 | 12:38 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda resalta que a Xunta destina máis de 5 M€ á habilitar unha senda peonil e ciclista continua entre Vigo e Nigrán

Vanse realizar melloras nun treito de 13 quilómetros, en paralelo a estrada PO-325

22/07/2025 | 10:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca as probas para obter ou renovar o certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada ou ferrocarril

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no prazo dun mes a partir de mañá e os exames celebraranse na derradeira quincena de outubro en día laborable

21/07/2025 | 19:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina preto de 50.000 euros a novas obras para seguir mellorando a eficiencia enerxética do CEIP da Pontenova

O delegado territorial visitou hoxe o centro para comprobar o avance dos traballos, que se prevén rematar a próxima semana

21/07/2025 | 15:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 495.000 euros na reparación da estrada PO-331 en Gondomar

A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, visitou este luns os traballos que leva a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas

21/07/2025 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía os servizos de transporte interurbano ao Hospital de Piñor, ás piscinas de Monterrei e adapta as conexións entre a estación de tren da Gudiña coas comarcas de Valdeorras, Viana e Verín

Manuel Pardo salientou que estas melloras atenden as solicitudes e propostas feitas desde distintos ámbitos da sociedade ourensá e son resultado dunha análise e estudo do aumento da demanda entre estas contornas e a cidade de Ourense

18/07/2025 | 18:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa un total de 131 obras por máis de 44 M€ en centros educativos da provincia da Coruña

Avanzarase na execución en distintas fases de 31 grandes intervencións, que inclúen ampliacións de colexios e institutos e rehabilitacións integrais

18/07/2025 | 13:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Arias participa en Lugo na xunta local de seguridade na que se formalizou o convenio para abrir os aparcamentos dos institutos

A Xunta rematará nos vindeiros días o acondicionamento destes espazos, coa sinalización das prazas e a instalación de barreiras nos accesos