Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.795 novas da área temática Economía:

29/10/2024 | 12:41 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca a aposta da Xunta por poñer a empresa e o desenvolvemento enerxético no centro da política económica

Apunta que proba disto é que o Igape ten o orzamento máis alto dos últimos anos    -crece un 20%, ata os 278M€-; e o 50% -152M€, un incremento do 45,4%- vai destinado a instrumentos de financiamento adaptados ás necesidades das empresas

28/10/2024 | 13:38 | C. de Economía e Industria

Lorenzana salienta que coa repotenciación reducirase nun 80 % o número de aeroxeradores máis antigos, pasando de 3.000 a 600 en oito anos

Explica que uns 100 parques que contan cuns 3.000 aeroxeradores de máis de 25 anos veranse obrigados a repotenciarse

25/10/2024 | 16:56 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pide ao Goberno diálogo, celeridade e coherencia para o despregamento da eólica mariña en Galicia

“O único camiño para o despregamento de todas as renovables e de toda a eólica offshore pasa polo diálogo, e se non o facemos con diálogo e implantando no territorio as enerxías con sentido común e falando cos sectores non o imos conseguir”, di

25/10/2024 | 15:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta inviste preto de 120.000 euros na mellora das infraestruturas viarias do parque empresarial Área 33

O delegado territorial visitou o avance das obras que foron posibles grazas á liña de axudas para a mellora dos parques empresariais de Galicia

25/10/2024 | 12:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o potencial das empresas galegas para diversificar as súas capacidades e aproveitar as oportunidades que ofrece a industria da defensa

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou hoxe en Vigo na reunión do Consello Asesor do Clúster da Industria da Defensa (CID)

25/10/2024 | 11:19 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A delegada territorial de Ferrol destaca o labor do IGAPE nas políticas de acción exterior da Xunta durante as xornadas ‘Ferrol no mundo do S.XXI’

Martina Aneiros participou esta mañá no campus industrial na apertura destas xornadas centradas nas relacións entre a Unión Europea, China e Iberoamérica, organizadas polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) 

24/10/2024 | 17:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel fundamental do sector do granito para o desenvolvemento económico e sustentable de Galicia

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou no encontro Accións de promoción para o sector da pedra natural no 2025: a visión da Xunta

23/10/2024 | 14:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria

A Xunta fomenta o emprendemento e a mellora da competitividade das pemes lucenses

O delegado territorial, Javier Arias, visitou en Lugo as instalacións de LMB Twice, beneficiaria de distintos apoios do Goberno galego para impulsar a súa actividade

23/10/2024 | 13:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta sitúa o Contract Galego como “sinónimo de calidade e innovación”

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou na inauguración da XIV Semana Internacional Contract Galicia onde puxo en valor a importancia e o peso dun sector cunha facturación conxunta de máis de 1.000 millóns, que ten presenza en 100 países e cuxas empresas realizaron xa máis de 10.000 proxectos construtivos en 600 cidades de todo o mundo

22/10/2024 | 18:50 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que xunta e empresas impulsarán o Clúster Contract de Galicia para reforzar o liderado deste sector a nivel global

Explica que este clúster permitirá seguir creando sinerxías entre deseño, industria e tecnoloxía; impulsar a sustentabilidade; e promover a innovación en deseños de espazos e experiencias