Actualidad
Buscador de noticias
Medio Rural defende ante o Ministerio de Agricultura unha maior dotación de fondos específicos para favorecer a remuda xeracional no agro
A Xunta leva tempo desenvolvendo ferramentas para fomentar a remuda no rural, entre as que destacan as axudas para incorporación de mozos ao agro, plans de mellora e a posta en marcha do Banco de explotacións
A Xunta urxe ao Goberno central a que conclúa o estudo de presións e impactos da contaminación por nitratos para actuar con rigor na declaración de zonas vulnerables
O Executivo galego lembra que coa información dispoñible na actualidade non é posible establecer de xeito fiable esas áreas e que é fundamental determinar se a presenza de nitratos se debe a causas naturais ou a actividades como a agricultura
A Xunta suma prestixio ao PortAmérica cunha gastronomía e produtos de proximidade de calidade
Máis de 30 chefs internacionais participan nesta cita que une música, gastronomía e identidade galega
Medio Rural impulsará novas estratexias para fomentar o consumo dos produtos agroalimentarios de proximidade
A conselleira reuniuse co presidente da Asociación Galega de Grupos de Desenvolvemento Rural e presidente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo para abordar un novo proxecto de carácter autonómico
O Centro Tecnolóxico da Carne, adscrito a Medio Rural, realizou no 2024 un total de 36 proxectos de I+D+i que beneficiaron 68 entidades do sector
A conselleira María José Gómez presidiu o Padroado do CTC, que tamén levou a cabo durante o pasado ano máis de 28.000 análises en laboratorio, dun total de 5.880 mostras, mediante a utilización de 59 técnicas analíticas
Medio Rural analiza co concello de Palas de Rei as obras que mellorarán as infraestruturas rurais do municipio
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural reuniuse co alcalde desta localidade, beneficiaria das achegas do Plan Camiña Rural
Medio Rural publica hoxe a resolución de axudas para apoiar a colleita en verde da viña en Galicia
Esta práctica, solicitada polos Consellos Reguladores da Ribeira Sacra e do Ribeiro, permite retirar parte da produción antes da súa maduración, o que contribúe a regular o volume da uva no mercado e garantir a sustentabilidade do sector vitivinícola
Medio Rural allea preto de 60 animais criados no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo para 19 gandarías galegas
En concreto, adxudicáronse a totalidade dos lotes de animais da raza Rubia Galega destinados para reprodución cun prezo de case 140.000 euros que se empregarán para seguir afondando na investigación e mellora desta raza autóctona