Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.335 novas da área temática Deporte:

09/02/2026 | 17:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa melloras na pista deportiva de Carral cunha achega de 35.000 euros

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou o concello para comprobar as obras realizadas a través da Orde de infraestruturas de uso público, dotada con 3,5 millóns de euros

09/02/2026 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa desde esta madrugada a alerta laranxa por chuvias no interior de Pontevedra e para mañá por temporal costeiro no litoral da Coruña e Lugo

Suspéndense mañá as actividades no exterior nos centros educativos dos concellos do interior de Pontevedra pola alerta por chuvias, así como a actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior nesta zona

09/02/2026 | 13:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda vías de colaboración co concello de Outes para a mellora de infraestruturas deportivas

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde de Outes, Francisco Calo, mantiveron unha reunión para coñecer as demandas do municipio, como a necesidade de executar melloras nas instalacións municipais nas que adestra o club de tenis Portosiavo  

08/02/2026 | 11:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte
07/02/2026 | 19:54 | C. do Mar

Villaverde destaca a IV Bandeira de Bateis Concello de Viveiro na posta en valor da cultura do mar

A conselleira do Mar asistiu ao encontro deportivo e participou na entrega de premios

06/02/2026 | 20:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o papel de `O Gran Camiño´ como escaparate internacional para proxectar a marca Galicia Calidade a través do ciclismo

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu hoxe á presentación da quinta edición da proba, que atravesará de novo as catro provincias galegas e que, como novidade, este ano se retrasará a primavera con cinco etapas do 14 ao 18 de abril

05/02/2026 | 16:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega 123.000 euros a unha vintena de entidades deportivas da Terra Chá para impulsar as súas actividades e dotacións

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que a Secretaría Xeral para o Deporte vén de convocar o primeiro programa de apoios do ano, dotado con 2 millóns de euros

05/02/2026 | 08:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte
04/02/2026 | 13:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por un deporte cada vez máis igualitario, inclusivo e transparente

O secretario xeral para o Deporte compareceu hoxe no Parlamento galego para dar conta dos retos en materia deportiva para 2026

04/02/2026 | 12:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 55.000 euros a mellorar a eficiencia enerxética do pavillón municipal e das pistas de tenis de Guntín

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Concello executou as obras con cargo ás axudas do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local