Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo asiste ao sorteo de 50 vivendas en Xuxán das que o 40% están destinadas a menores de 36 anos
Entre outros requisitos os adxudicatarios, deben residir ou traballar na Coruña e acreditar ingresos ponderados por unidade familiar ou convivencial de entre 0,7 e 4 veces o índice público de renda de efectos múltiples (IPREM) ou 4,5 veces no caso de familias numerosas, unha nova medida do Goberno galego para facilitar o acceso de máis persoas á vivenda pública
Villaverde reúnese en Bruxelas co relator da Eurocámara que defende o informe sobre o novo Marco Financeiro Plurianual
Na xuntanza con André Franqueira Rodrigues abordaron o a situación das propostas futuro financiamento comunitario do sector para o período 2028-2034
Belén do Campo acompaña ao Centro Asturiano da Coruña na celebración relixiosa con motivo da festividade da Virxe de Covadonga, patroa do Principado de Asturias
A delegada da Xunta destacou a importancia de que entidades como o Centro Asturiano continúen promovendo actividades que favorecen o encontro, a convivencia e a conservación das tradicións, ao tempo que reforzan os lazos históricos e culturais entre Asturias e Galicia
A Xunta reforza o ensino galego con máis docentes, baixada de ratios, mellor atención á diversidade e novos apoios ás familias, aos centros e ao alumnado
Román Rodríguez reivindica o esforzo dos últimos anos para asegurar a fortaleza do sistema educativo galego, que sigue por riba da media estatal en PISA malia un contexto xeral de descenso en toda España provocado pola lei educativa estatal, a LOMLOE
As obras de reforzo de firme na autovía do Barbanza farán necesario o corte do último tramo da AG-11 o mércores 9 e o xoves 10
Tratase de acometer os traballos de estendido de aglomerado, desde o punto quilométrico 38+000 (enlace de Palmeira) ata o 40+006 (enlace de Ribeira)
A Xunta pon en valor o traballo da nova Unidade de investigación de conservación da natureza, que coloca a Galicia á vangarda en protección ambiental
Destaca o nivel de especialización desta brigada, integrada actualmente por oito axentes con formación específica en criminalística ambiental, manexo e captura de fauna silvestre e aplicación de novas tecnoloxías de vixilancia, entre outras cuestións