Actualidade
Buscador de novas
O Secadeiro, un restaurante de Outes premiado cunha Estrela Verde Michelín, proba do compromiso da Xunta co emprendemento e a sustentabilidade no medio rural
A conselleira do Medio Rural visita en Outes este establecemento de restauración que comezou a súa actividade cunha axuda de preto de 50.000 euros procedentes do programa Leader
Medio Rural salienta o investimento para a creación de pasteiros no concello pontevedrés de Crecente
A conselleira do Medio Rural visitou unha serie de actuacións levadas a cabo no municipio, entre as que se atopan tamén o acondicionamento do mercado municipal e a mellora de camiños, cun investimento total duns 680.000 euros
A Xunta valora a alianza entre Aira e o grupo García Baquero para crear a marca Queixos de Galicia
A conselleira do Medio Rural felicitou a ambas entidades por unha iniciativa que vén reforzar a súa aposta conxunta pola elaboración, a innovación e a internacionalización dos queixos da nosa comunidade
Alumnos do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Becerreá amplían os seus estudos en Segovia
Estudantes do ciclo de Formación Profesional de técnico superior en xestión forestal e do medio natural visitaron un campus de maquinaria agrícola e outros puntos de interese nesta mesma provincia
Medio Rural destaca na Semana Gandeira de Mazaricos o liderado deste municipio na produción de leite en Galicia e o pulo xeral deste sector clave do agro
A conselleira María José Gómez definiu este evento como “unha cita de referencia para todo o sector non só nesta comarca, senón en Galicia en xeral”
O matadoiro móbil de Medio Rural atendeu preto de 200 explotacións en menos dun ano de funcionamento
A titular do departamento sinalou que este servizo público axuda a mellorar a xestión e a rendibilidade de moitas explotacións de pequeno tamaño, localizadas en zonas afastadas de grandes núcleos de poboación e lonxe dos matadoiros convencionais
Galicia é a segunda autonomía española con máis superficie en xestión forestal sostible, con preto de 478.000 hectáreas certificadas polo sistema PEFC
A nosa comunidade só é superada nesta listaxe por Castela e León e, cos seus datos, xa está a piques de acadar o obxectivo marcado polo Plan Forestal para o 2035
A Xunta convocará no 2025 unha nova liña de axudas para apoiar a incorporación de agricultores e gandeiros en ecolóxico
Esta partida estará incluída na solicitude única da PAC e as persoas interesadas en solicitalas deberán inscribirse no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica antes de finais de ano
A Xunta detecta dous novos focos de gripe aviaria en aves silvestres
Corresponden a un exemplar de gaivota patiamarela (Larus michahellis), recollida no concello de Marín (Pontevedra), e un de mascato (Morus bassanus), recollido no municipio da Coruña