Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural salienta a importancia de cultivos emerxentes como a oliveira para dinamizar o territorio, fixar poboación e xerar riqueza no agro
A conselleira María José Gómez visitou a almazara da Arnoia, en Ourense, e definiu esta construción como un exemplo de patrimonio arquitectónico vinculado ao rural
Medio Rural alleará 31 lotes de madeira por valor de 600.000 euros nunha poxa pública en Pontevedra
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da poxa que terá lugar o vindeiro 17 de xaneiro
Medio Rural destina preto de 4 M€ a apoiar as tarefas de control do rendemento leiteiro en Galicia que desenvolven o Ligal e as africores
Os fondos da Xunta serven para seguir impulsando o funcionamento do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite, o Ligal, e para financiar as africores da Coruña, Lugo e Pontevedra, asociacións oficialmente recoñecidas para estes labores
A Xunta amplía as zonas demarcadas pola presenza da flavescencia dourada da vide
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución na que se recollen as parroquias afectadas por esta ampliación e as novas medidas de erradicación e control
Belén do Campo destaca o investimento de 260.000€ na mellora de infraestruturas rurais de Vimianzo
A delegada da Xunta avaliou coa alcaldesa esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como para a rehabilitación de camiños en zonas de concentración parcelaria
María José Gómez salienta a importante evolución do sector lácteo galego ata converterse nunha potencia nacional
Durante a súa intervención na xornada puxo de relevo o esforzo feito polo sector e a Administración para que Galicia sexa considerada como un referente na produción de leite de calidade