Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.423 novas da área temática Forestal:

01/10/2026 | 13:07 | C. do Medio Rural

Medio Rural realizou xa actuacións preventivas de xestión de biomasa preto das vivendas en case 5.400 parcelas ao abeiro do convenio con Seaga

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, presidiu hoxe a comisión de seguimento deste acordo, que constatou tamén que, a maiores, a Xunta actuou nun total de 771,68 quilómetros de vías municipais, a solicitude dos concellos adheridos

01/10/2026 | 12:54 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina arredor de 45.000 € para a restauración de áreas afectadas por incendios forestais en Pazos de Borbén

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal visitou a zona do monte Costa Gallego, situado neste concello, onde se están a realizar clareos de piñeiros e a eliminación de especies alóctonas

30/09/2026 | 12:59 | C. do Medio Rural

Medio Rural reforza o compromiso coa loita contra os incendios forestais na fronteira con Portugal

O director xeral de Defensa do Monte participou nunha xuntanza coas unidades de coordinación do programa de cooperación transfronteiriza POCTEP, na que presentou o proxecto Interlumes cunha visita á base aérea de Verín-Oímbra

29/09/2026 | 20:59 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello lucense de Ourol, parroquia de Merille

O lume iniciouse ás 17,02 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas

29/09/2026 | 08:38 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afectou ao parque do Xurés

O lume iniciouse ás 21,10 horas de onte e finalmente afectou unha superficie de 4 hectáreas de monte raso

28/09/2026 | 23:02 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta ao parque do Xurés

O lume iniciouse ás 21,10 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 0,2 hectáreas

28/09/2026 | 17:16 | C. do Medio Rural

Medio Rural pón en valor a contribución das comunidades de montes para favorecer a xestión forestal

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal visitou hoxe Castro de Rei, no que se levaron a cabo actuacións de repoboación con dúas especies de piñeiro

27/09/2026 | 22:57 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín

O lume iniciouse ás 13,36 horas do pasado xoves e afectou finalmente 518,1 hectáreas, das que 370 corresponden a superficie arborada e as 148,1 restantes a rasa

27/09/2026 | 14:33 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio do Concello lucense de Quiroga, parroquia de Pacios da Serra

O lume afectou finalmente unha superficie de 467,4 hectáreas, das cales 397 corresponden a monte arborado e as 70,4 restantes a raso

27/09/2026 | 14:25 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal do Concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín

O lume iniciouse ás 13,36 horas do pasado xoves e segundo as últimas medicións provisionais afecta 518 hectáreas