Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 282 novas da área temática Xacobeo:

28/08/2026 | 16:44 | Axencia de Turismo de Galicia

O Festival de la Luz reúne en Boimorto co apoio de Concertos do Xacobeo grandes figuras da música actual

A cita celebra desde hoxe e ata o domingo o seu 15º aniversario na contorna natal de Luz Casal cunha programación que reúne máis de 30 horas de música en directo

24/08/2026 | 15:07 | Axencia de Turismo de Galicia

Vilablues consolida Vilanova de Arousa como referente da música negra co apoio dos Concertos do Xacobeo

O festival celebrarase os días 28 e 29 de agosto cunha programación gratuíta que levará o blues, o soul, o gospel e o rock ás rúas e prazas do municipio pontevedrés

19/08/2026 | 13:19 | Axencia de Turismo de Galicia

O Río Verbena Fest consolida Pontevedra como destino musical de verán co apoio dos Concertos do Xacobeo

O festival reunirá preto de 20.000 persoas os días 21 e 22 de agosto no recinto feiral da cidade

05/08/2026 | 13:36 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia unha nova edición do Nachiños Fest no marco dos Concertos do Xacobeo

A cita, que celebra este ano a súa sétima edición, terá lugar os días 14 e 15 de agosto no Porto de Curuxeiras con artistas como Baiuca, The Rapants ou Puño Dragón

05/08/2026 | 13:21 | Axencia de Turismo de Galicia

O comisario do Xacobeo 2027 reúnese co delegado do Goberno en Galicia no marco da preparación do vindeiro Ano Santo

Marcos Gómez Román e Pedro Blanco coincidiron na necesidade de manter unha  comunicación fluída para afrontar con garantías os retos organizativos, loxísticos e de seguridade do Xacobeo 2027

04/08/2026 | 15:23 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta pon en valor o Castelo de Santa Cruz da Guarda para reforzar o atractivo do Camiño Portugués da Costa que medra a un ritmo do 22%

A actuación forma parte dos esforzos do Goberno galego pola rehabilitación de 10 Bens de Interese Turístico de titularidade pública, para o que se destinaron 22,7M€ no marco do Plan Xacobeo Next Generation

03/08/2026 | 12:44 | Axencia de Turismo de Galicia

Manuel Pardo salienta a programación “participativa ampla, máis inclusiva e espallada por todo o territorio” de ‘O teu Xacobeo’

O delegado da Xunta subliñou que este evento, é un dos 56 proxectos apoiados polo Goberno galego en 2026 a través de ‘O teu Xacobeo’, cun investimento de 1 M€, nesta anualidade, para apoiar propostas culturais, artísticas, patrimoniais, sociais, deportivas e dixitais

30/07/2026 | 14:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración ; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta pon en valor o Camiño de Santiago como símbolo do vencello da mocidade galega do exterior coa súa terra de orixe

O secretario xeral da Emigración acompañou hoxe en Santiago de Compostela as persoas participantes na 36ª edición do programa autonómico Conecta con Galicia no Camiño durante a súa etapa final ata a praza do Obradoiro

29/07/2026 | 14:59 | Axencia de Turismo de Galicia

O festival Ou Yeah! achega a música de burning ao Carballiño esta fin de semana co apoio da Xunta

O comisario do Xacobeo 2027 participou esta mañá na presentación oficial do evento, que forma parte do programa Concertos do Xacobeo

29/07/2026 | 12:15 | Axencia de Turismo de Galicia

Unha nova edición do Sonrías Baixas converte Bueu co apoio da Xunta nun dos epicentros musicais do verán

O festival celébrase do 30 de xullo ao 1 de agosto cun cartel que combina grandes nomes do panorama estatal, talento emerxente e unha firme aposta pola diversidade musical