Plans e programas anuais/plurianuais
Estratexia de Educación Dixital 2030
Estratexia para a Educación Dixital 2030 en Galicia que, a través de dous eixes, catro ámbitos de actuación e 12 accións de impacto, busca fomentar o ecosistema educativo dixital e perfeccionar as competencias e capacidades dixitais das comunidades educativas.
Estratexia de Dixitalización e Innovación en materia de Estradas de Galicia
A Estratexia de Dixitalización e Innovación en materia de estradas de Galicia recolle as actuacións que ten previsto desenvolver neses campos a Axencia Galega de Infraestruturas.
Estratexia galega de saúde comunitaria en atención primaria 2023-2027
Con esta estratexia preténdese, por un lado, facilitar o deseño e implementación de intervencións comunitarias aos profesionais de primaria que se inicien neste ámbito, e, por outro, impulsar as que xa se viñan realizando. Todo iso, co obxecto de influír positivamente no estilo de vida e nos determinantes sociais da cidadanía galega.
Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2023
O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia actualízase anualmente para a súa entrada en vigor antes do inicio da tempada de risco alto de incendios, que coincide co verán.
Plan anual da cooperación galega 2023
O artigo 83 da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia regula a planificación da Cooperación Galega. Este artigo establece, no seu apartado primeiro, que a política pública autonómica en materia de cooperación para o desenvolvemento articúlase a través do Plan director da cooperación galega cunha duración de catro anos e, no punto cuarto do mesmo artigo, establécese que o órgano de dirección da Administración autonómica competente en materia de cooperación para o desenvolvemento elaborará un Proxecto de plan de acción anual, que se someterá á aprobación do Consello da Xunta.
Plan Conecta FP Galicia
Plan de colaboración público-privada, co obxectivo principal de deseñar e planificar unha oferta de formación profesional do sistema educativo que dea resposta á rápida evolución do sector produtivo e á necesidade de contar con persoas coa capacitación adecuada para facer fronte ao importante relevo xeracional que se está producindo.
Plan de actuación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia 2023
No desenvolvemento da Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) planifica con carácter anual as súas actuacións como órgano técnico na materia e co máximo consenso cos/as interlocutores/as sociais.
Estratexia Retorna 2023-2026
A Estratexia Retorna 2023-2026 recolle as principais liñas de traballo en materia de retorno, co obxectivo de facer de Galicia a mellor opción para vivir para as galegas e galegos residentes no exterior.
Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025
A Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 é o documento de traballo no que se trazan as liñas xerais da convivencia escolar para o horizonte 2025
Plan Obesidade Zero en Galicia 2022-2030
O Plan Obesidade Zero 2022–2030 é unha estratexia impulsada pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia, dirixida a reducir o sobrepeso e a obesidade mediante políticas de prevención e promoción da saúde, desde unha perspectiva de saúde pública e equidade. O seu enfoque é integral e transversal, co propósito de mellorar os hábitos de vida da poboación galega ao longo de todo o seu ciclo vital.