Plans e programas anuais/plurianuais
III Programa Galego de Muller e Ciencia 2021-2025
O III Programa Galego de Muller e Ciencia constitúe o piar para lograr un sistema galego da ciencia, tecnoloxía e innovación que incorpore de xeito efectivo o principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2022
O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia actualízase anualmente para a súa entrada en vigor antes do inicio da tempada de risco alto de incendios, que coincide co verán.
Programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña
O Programa estratéxico do castiñeiro e da produción da castaña está impulsado para dar cumprimento aos obxectivos da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica” co obxectivo de recuperar 8.000 hectáreas de soutos tradicionais e plantar outras 16.000 ha novas para a produción de madeira e de froito desta especie.
VIII Plan Estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027
Trátase dun plan director das políticas de igualdade da Administración autonómica no horizonte 2027, no que se encaixan as distintas políticas públicas que a Xunta de Galicia vai despregar para procurar a eliminación das distintas brechas de xénero que impiden o pleno desenvolvemento das mulleres e que perpetúan a súa posición de desvantaxe nos distintos eidos.
Plan de inspección en materia de seguridade industrial 2022
Plan de seguridade viaria de Galicia 2022-2025
O Plan de seguridade viaria de Galicia 2022-2025 recolle as accións a desenvolver durante o período 2022 a 2025, que repercutan nunha mellora da seguridade viaria en Galicia.
Plan LÍA 2021-2025 de Bibliotecas Escolares de Galicia para a Lectura, a Información e a Aprendizaxe
No ano 2010, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentaba no Parlamento de Galicia o Plan LÍA 2010-2015 de Bibliotecas Escolares para a Lectura, a Información e a Aprendizaxe, co que se pretendía dar resposta ás necesidades de avance que neste terreo se viñan manifestando, logo dun período de iniciativas da consellería en relación coas bibliotecas escolares e o fomento da lectura no ámbito educativo.
Plan de actuación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia 2022
No desenvolvemento da Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) planifica con carácter anual as súas actuacións como órgano técnico na materia e co máximo consenso cos/as interlocutores/as sociais.
Plan anual da cooperación galega 2022
O artigo 83 da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia regula a planificación da Cooperación Galega. Este artigo establece, no seu apartado primeiro, que a política pública autonómica en materia de cooperación para o desenvolvemento articúlase a través do Plan director da cooperación galega cunha duración de catro anos e, no punto cuarto do mesmo artigo, establécese que o órgano de dirección da Administración autonómica competente en materia de cooperación para o desenvolvemento elaborará un Proxecto de plan de acción anual, que se someterá á aprobación do Consello da Xunta.
Plan galego de estatística 2022-2026
Mediante a Lei 16/2021, do 20 de decembro, do Plan galego de estatística 2022-2026 aprobouse o instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística da Comunidade Autónoma de Galicia.