Plans e programas anuais/plurianuais
Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2025
O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia actualízase anualmente para a súa entrada en vigor antes do inicio da tempada de risco alto de incendios, que coincide co verán.
Plan director da construción naval 2025-2027
Os plans directores son instrumentos de política industrial que teñen como fin fortalecer os sectores industriais estratéxicos declarados como tales no Consello da Xunta, mediante medidas e recursos que aseguren un crecemento sostible e competitivo.
Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030
O plan ten como finalidade incrementar a competitividade do comercio galego apoiándose na modernización, a innovación, a sostibilidade e as novas tecnoloxías, así como consolidar o sector comercial como un sector profesional, cualificado, de calidade e fortalecido que promova o consumo responsable e desenvolva unha actividade sostible.
Plan director de automoción 2025-2027
Os plans directores son instrumentos de política industrial que teñen como fin fortalecer os sectores industriais estratéxicos declarados como tales no Consello da Xunta, mediante medidas e recursos que aseguren un crecemento sostible e competitivo.
Estratexia galega de acción exterior 2025-2029
Esta segunda Estratexia galega de acción exterior 2025-2029 (EGAEX 2025-2029) pretende afianzar o vieiro iniciado en 2018 coa primeira. Hoxe, contamos con sólidos alicerces legais, asentados sobre a Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia.
Entre os seus obxectivos estratéxicos destacan a diversificación dos mercados exteriores; a captación de capital mercantil e industrial para investimentos produtivos, así como de capital humano cualificado; favorecer o retorno dos emigrantes e os seus descendentes, e profundar na execución dos obxectivos da Axenda Global de Desenvolvemento das Nacións Unidas.
Plan anual da cooperación galega 2025
O artigo 83 da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia regula a planificación da Cooperación Galega. Este artigo establece, no seu apartado primeiro, que a política pública autonómica en materia de cooperación para o desenvolvemento articúlase a través do Plan director da cooperación galega cunha duración de catro anos e, no punto cuarto do mesmo artigo, establécese que o órgano de dirección da Administración autonómica competente en materia de cooperación para o desenvolvemento elaborará un Proxecto de plan de acción anual, que se someterá á aprobación do Consello da Xunta.
Plan de actuación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia 2025
No desenvolvemento da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) planifica con carácter anual as súas actuacións como órgano técnico na materia e co máximo consenso cos/as interlocutores/as sociais.
Plan de inspección ambiental de Galicia 2025-2030
O Plan configúrase como un documento marco de carácter plurianual 2025-2030 no que se sinalan as orientacións estratéxicas e a metodoloxía a empregar no desenvolvemento das competencias en materia de inspección ambiental en Galicia. O desenvolvemento deste Plan é unha obriga que afecta a todos os países membros da Unión Europea e aparece recollida en diversos textos legais.
Anualmente, elaboraranse os Programas de Inspección ambiental en base ao Plan de Inspección Ambiental.
Plan sectorial de xestión de residuos municipais de Galicia 2030
O Plan Sectorial de Xestión de Residuos Municipais de Galicia (PRMGA) contribuirá a loita contra o cambio climático con actuacións dirixidas a previr a xeración de residuos, a mellorar a recollida separada, a facilitar a recuperación material, ao desenvolvemento dunha xestión de proximidade e adoptar as mellores técnicas dispoñibles na procura da neutralidade climática antes do ano 2050.
Estratexia para o fomento da xestión activa das masas de frondosas
Estratexia para o fomento da xestión activa das masas de frondosas para a súa execución no período 2024-2040, no marco dos obxectivos da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica”