Terá unha vixencia de 8 anos, máis dous renovables anualmente
Establece unha cápita de importe anual por paciente de 540 euros, mantén a carteira de servizos actual e fixa un tope de pacientes adscritos de 139.000 persoas
Permitirá a libre elección para a poboación que teña como centro de referencia o hospital Povisa
O Servizo Galego de Saúde vén de pechar o proceso administrativo do novo concerto co hospital Povisa, que será asinado o vindeiro luns, día 1 de setembro.
O novo concerto entrará en vigor ese mesmo día e terá unha vixencia de oito anos, máis dous renovables anualmente. O concerto establece unha cápita de importe anual por paciente de 540 euros, mantén a carteira de servizos actual e fixa un tope de poboación adscrita de 139.000 persoas.
Este concerto permitirá a libre elección para a poboación que teña como centro de referencia o hospital Povisa, polo que o Servizo Galego de Saúde establecerá por resolución, a vindeira semana, o procedemento e o prazo para o exercicio deste dereito.