Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O conselleiro de Sanidade salienta a importancia de traballar na concienciación da mocidade sobre a doazón de medula ósea
Julio García Comesaña presidiu hoxe o acto de entrega dos premios do VII Concurso Universitario de Curtametraxes relacionado coa doazón e os transplantes de medula ósea
A Xunta adxudica a contratación da redacción do proxecto básico e de execución e de dirección da obra de ampliación e reforma do centro de saúde de Meira por 127.000 €
A reforma proposta consiste, entre outras actuacións, nunha ampliación do centro nunha consulta de enfermería pediátrica, unha sala polivalente e unha de técnicas, e na ampliación dun box de críticos no PAC
O 061 de Galicia pide precaución ante o aumento de desprazamentos nas festividades do Nadal
Durante as festividades de 2021, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 287 chamadas en relación cos accidentes de tráfico, que xeraron 219 asistencias. Nelas atendeuse a 280 persoas, das que tres faleceron no punto do incidente
A Xunta amplía en dúas semanas a campaña de vacinación da gripe
O Executivo galego estenderá a posibilidade de vacinarse contra a gripe até mediados de xaneiro
A Xunta inviste máis de 22 M€ na construción do Centro Galego de Protonterapia para situar a Galicia á vangarda no tratamento do cancro
Rueda subliña que o proxecto, cuxo prazo de execución é de 28 meses, acollerá un dos sistemas “máis avanzados” contra a enfermidade e permitirá atender a pacientes tanto de Galicia como de Asturias e Castela e León
Trenor reuniuse con representantes da Liga Reumatolóxica Galega
Trenor destacou que a atención integral deste tipo de enfermidades representa un dos principais retos e prioridades para o Servizo Galego de Saúde
Galicia rexistra un total de 2.058 casos activos por coronavirus
Un total de 684.764 pacientes xa están curados
Os acordos de xestión do Sergas para 2023 centran o seu obxectivo en recuperar os tempos de espera previos á pandemia nas intervencións cirúrxicas, as consultas e as probas diagnósticas
Para acadar este obxectivo, o conselleiro de Sanidade sinalou na sinatura destes acordos coas sete áreas sanitarias, que a Xunta está a traballar nun Plan de Intensificación da actividade asistencial, que incorporará medidas novidosas
Galicia rexistra un total de 1.940 casos activos por coronavirus
Un total de 684.691 pacientes xa están curados
A Xunta pon en marcha no CHUAC unha nova unidade de ensaios clínicos que permitirá avaliar a efectividade de novos fármacos
Na actualidade, o servizo de Oncoloxía Médica do Chuac conta con máis de 160 ensaios clínicos activos