01/12/22 | 14:39 | C. de Sanidade Galicia mantén a tendencia á diminución da incidencia do VIH, con 4,8 casos por 100.000 habitantes no ano 2021
A incidencia no período 2004-2021 foi de 6,4 casos por 100.000 habitantes, que sitúan á Comunidade por debaixo da media española, próxima aos 10 casos por 100.000 habitantes.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, incidiu, durante o acto do Día Mundial da Sida, na importancia da detección precoz da infección por VIH, destacando que, desde 2011, en Galicia existen diversos puntos onde a poboación pode realizar probas rápidas de xeito gratuito
Desde o ano 2009, Galicia gasta máis de 50 millóns de euros anuais na atención a pacientes galegos infectados polo VIH, dos cales o 60% destínanse a fármacos antirretrovirais