Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A programa ‘Coidados Porta a Porta’ da Xunta de Galicia atendeu a 28.000 maiores durante este ano
As unidades móbiles desta iniciativa percorreron todos os concellos galegos, agás as sete cidades, achegando servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria
Lorenzana pon en valor en Lugo os proxectos 'Malaikas' e 'Berrando ao Mundo' cos que Juan Soñador e Xunta apoian ás mulleres migrantes e á mocidade máis vulnerable
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade desenvolveu hoxe unha visita á sede da fundación, onde destacou o labor da entidade para crear contornas libres e seguras para as mulleres e a mocidade
Conde destaca o papel clave de Reganosa no despregamento do hidróxeno verde en Galicia
Lembra que a compañía promove dous proxectos estratéxicos en Galicia como son as dúas plantas de hidróxeno verde que vai desenvolver nas Pontes e en Cerceda; a primeira xunto con EDP e, a segunda, con Naturgy e Repsol
A Xunta concede os premios de ESO ao esforzo e á superación persoal de 20 estudantes
Valoran a capacidade de superación do alumnado de 4º de ESO fronte ás dificultades de tipo persoal, educativas ou de contorno familiar e sociocultural
A Xunta participa na reunión do Plan territorial de sustentabilidade turística de enogastronomía aprobado recentemente na Conferencia Sectorial de Turismo a proposta do Goberno galego
O obxectivo do Plan é a promoción de Galicia como destino enogastronómico de primeiro nivel, poñendo en marcha actuacións transformadoras en diferentes áreas no horizonte 2023-2025
Máis do 97% dos concellos galegos conta con sede electrónica
A porcentaxe de municipios con este servizo, esencial na dixitalización da administración, incrementouse en preto dun 23% en catro anos
A Xunta concede o V Premio CGAC de investigación e ensaio ao doutor en Filoloxía Hispánica Jorge Fernández Gonzalo
O seu traballo, ‘A caverna baleira’, afonda nos enfoques teóricos, categorizacións e xenealoxías aplicables á arte inexistente
Rueda destaca que coa prolongación da AG-59 os tempos de viaxe entre os municipios de Santiago e A Estrada se reducirán a 10 minutos sen pagar peaxes
Salienta que as obras comezarán o vindeiro ano e contarán cun investimento conxunto de máis de 65 millóns de euros
A Xunta destina máis de 6,13 millóns de euros en axudas para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas e para a promoción de viños en terceiros países no ano 2023
As achegas para os investimentos en elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas teñen un orzamento de 4,43 millóns de euros e os interesados teñen de prazo ata o 31 de xaneiro de 2023 para presentar as solicitudes