Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Rueda resalta o éxito do programa ‘Xuntos polo Nadal’ que este ano permite que máis de 300 maiores pasen estas festas en compañía
Subliña que o obxectivo é que ningún maior pase só o Nadal sen desexalo
Xunta e Pymar colaboran para posicionar a candidatura galega no reparto dos fondos europeos ao Perte Naval
Conde explica que o que se fai é activar unha xanela única que permitirá a comunicación directa coas empresas á hora de xestionar as iniciativas que se vaian presentando desde Galicia para optar a estas axudas
Augas de Galicia actualizará o censo de industrias con autorización de vertedura
A entidade hidráulica da Xunta contará con apoio técnico para a revisión do censo de industrias obrigadas a obter autorización de vertido e para a asistencia aos concellos na elaboración dos permisos
O Plan Estratéxico da Conserva 2022-2030 reforzará a calidade, o potencial exportador e a innovación dun sector crucial para a economía e o territorio
Rueda subliña que o obxectivo é que a industria conserveira galega siga a ser un sector “punteiro e referente” malia os retos e dificultades do contexto económico
A Xunta colaborou coas entidades locais na mellora dunha trintena de parques infantís ao abeiro da orde de infraestruturas de uso público
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou hoxe o novo parque infantil de Curtis, que contou cunha achega de 40.000 euros por parte do Goberno galego no marco desta liña de axudas
Máis de 2.000 espectadores do exterior achegáronse ao cine galego a través do ciclo Mestre Mateo froito da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión co presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, para analizar o proxecto e preparar a iniciativa de 2023
A Xunta mellorou a seguridade nun treito da estrada LU-633 que coincide co Camiño Francés en Barreiros, no Concello de Sarria
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a actuación incluíu a instalación dunha pasarela de madeira e un valado, o acondicionamento do pavimento na zona pola que transitan os peóns e o reforzo da sinalización de advertencia de perigo
O novo polo de emprendemento e apoio ao emprego Rías Altas e Arco Ártabro prestará desde Ferrol asesoramento a 40 concellos das comarcas da contorna
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe a quinta oficina en Galicia desta Rede que xa atende máis de 140 concellos, cubrindo o 45% da comunidade
Oito centros de ensino de Galicia, recoñecidos polas súas boas prácticas en materia de inclusión educativa
A Xunta instaurou estes premios co obxectivo de impulsar, difundir e compartir accións de atención á diversidade nas aulas
A Xunta formaliza a incorporación de novos integrantes de Protección Civil ás agrupacións de Portas, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa
O delegado territorial, Luis López, realizou esta mañá a entrega de carnés a unha vintena de efectivos destas tres entidades de voluntarios nun acto celebrado na sala de conferencias do edificio administrativo da Xunta en Pontevedra