Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/07/21 | 13:51

Sogama adquire catro parcelas no polígono industrial de Arbo para instalar unha das novas plantas de transferencia

Adquiriu a Xestur un total de 4.420 m2 de superficie, polos que aboará preto de 190.000 euros tras aplicárselle unha bonificación sobre o prezo de venda do 50%

30/07/21 | 13:45

Galicia ve esencial que o futuro Fondo Europeo Marítimo e de Pesca apoie a innovación e a mellora da habitabilidade dos buques

A comunidade galega recibirá a metade dos fondos repartidos entre as autonomías, é dicir, máis de 366 millóns de euros dos 735 millóns asignados ás comunidades autónomas excluíndo Canarias, que conta cun plan de compensación específico

30/07/21 | 13:41 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza a vindeira semana en Mazaricos un curso sobre nocións básicas para o aproveitamento dos soutos

Organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), desenvolverase o vindeiro venres 6 de agosto no local social de Lugarnovo

30/07/21 | 13:34 | C. de Sanidade

A Xunta e o Concello de Rodeiro asinan un protocolo de colaboración para a reforma do centro de saúde

O investimento deste proxecto de mellora ascende a 86.052 euros, partida económica que será cofinanciada a partes iguais pola Xunta e o concello

30/07/21 | 13:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A cidade de Lugo concentra o maior investimento en obras educativas da Xunta en toda Galicia

O investimento do plan de obras deste verán superará os 5M€ para mellorar os colexios e institutos da provincia

30/07/21 | 13:22 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca que o campamento Fervenzaventura de Silleda permite que a mocidade coñeza o potencial do rural galego

Trátase dunha das novidades da campaña de verán deste ano, que se suma ás actividades iniciadas en Bande, Parada de Sil e Cabana de Bergantiños

30/07/21 | 13:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta seguirá traballando coa empresa e o comité de Barreras para formar parte da solución que garanta a viabilidade do estaleiro

Conde insistiu na necesidade de actuar de forma conxunta para que Barreras teña futuro industrial e se manteñan os empregos

30/07/21 | 13:12 | C. de Política Social e Igualdade

A Consellería de Política Social destaca o traballo levado a cabo para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou hoxe no Porriño as instalacións da Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual

30/07/21 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza nos trámites para ampliar o polígono empresarial da Pontenova en máis de 10.000 metros cadrados

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que o proxecto dará lugar a seis novas parcelas que ocuparán unha superficie total de 5.140 metros cadrados

Subliñou o impulso da Xunta ao desenvolvemento desta área industrial coa recente concesión dunha achega de 74.200 euros para mellorar a rede viaria do parque

30/07/21 | 13:06

A Xunta concede axudas a 70 concellos por 337.000 € para redactar plans de acción local cos que sumarse á loita contra o cambio climático

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica hoxe a resolución pola que se informa das subvencións concedidas na segunda convocatoria