Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta continúa a limpeza nas marxes de estradas autonómicas nas provincias da Coruña, de Pontevedra e de Ourense e comeza novos traballos na de Lugo
Continuarán os traballos na vía de altas prestacións Brión-Noia; na estrada OU-801, entre Ribadavia e Ponte Barxas; e na PO-308, en Sanxenxo
A Xunta adquire equipamento por valor de 2,2 M€ para unha decena de centros sanitarios que está a construír ou reformar
O SERGAS vén de licitar un expediente de equipamento electromédico que, unido aos de mobiliario de oficina e mobiliario clínico licitados o mes pasado, permitirá equipar as novas instalacións segundo vaian rematando as súas obras
Galicia rexistra un total de 18.964 casos activos por coronavirus
Un total de 136.806 pacientes xa están curados
A Xunta e 75 concellos galegos impulsan a Declaración Institucional por un rural forte e conectado
A Declaración Institucional insta ao Goberno central ao equilibrio no reparto dos fondos en materia de mobilidade para acadar a vertebración de Galicia e a súa cohesión social
A Xunta amplía ata os 1,6 M€ as axudas dirixidas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade para cubrir todas as solicitudes
Estes apoios financian proxectos de atención personalizada e especializada para mulleres vítimas de violencia de xénero, de explotación sexual-laboral, inmigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas e ex-reclusas, entre outras
A Xunta únese ao Programa Charco na promoción do intercambio artístico de vangarda entre Galicia e México
Este programa de residencias artísticas busca afondar nas relacións culturais entre España e Latinoamérica a través da experimentación creativa
Profesionais da apicultura formáronse nos cursos da Xunta sobre reprodución do apiario no CFEA de Sergude
Organizados pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), os cursos enfocáronse principalmente na reprodución e multiplicación do apiario, prestando atención especialmente este último á cría de raíñas
A Xunta apoia con case 900.000 euros á hostalería de Monforte de Lemos a través de 401 axudas distribuídas nos últimos meses
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que os dous primeiros plans de rescate suman 389 achegas e o programa de acondicionamento de terrazas outras 12
A Xunta aposta pola profesionalización do sector apícola cun curso sobre cría de raíñas e selección xenética en Monforte de Lemos
A acción formativa, que se levou a cabo a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), tivo lugar no Centro de Formación e Experimentación Agrícola de Monforte de Lemos