Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/07/21 | 13:02 | C. do Medio Rural

O DOG publica o alleamento de 61 lotes de madeira por máis de 2,5 millóns de euros nunha próxima poxa pública electrónica en Lugo

O procedemento realizarase na súa totalidade de xeito telemático e ten previsto celebrarse o vindeiro 15 de setembro

30/07/21 | 13:01

Lorenzana destaca o papel de Vigo a través do Camiño Portugués e anuncia un plan específico de formación para o sector servizos durante o Xacobeo

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na cidade olívica, xunto coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, no V Encontro Xacobeo Peregrinas

30/07/21 | 12:54 | C. de Sanidade

Sanidade habilita en Lugo, Burela e Monforte de Lemos senllos puntos fixos para a realización de probas de antíxenos e a xestión de trámites vencellados coa covid-19

Na cidade de Lugo realizaranse probas diagnósticas, os martes, xoves e sábados e;no caso de Burela e Monforte de Lemos, terán lugar nas xornadas de sábado

30/07/21 | 12:52

A Xunta pon en valor en Mondoñedo a importancia da conciliación na loita contra a violencia de xénero cun investimento de 1,4 M€

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe en Mondoñedo (Lugo) o campamento de verán `Mondopeque´, que conta con financiación da Consellería de Emprego e Igualdade e no que participan 40 nenas e nenos

30/07/21 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os novos descontos para familias numerosas nas autoestradas da Xunta bonificarán máis de 80.000 viaxes ao ano e aplicaranse desde mediados de agosto

Vázquez Mourelle sinala que se bonifica o 100% da volta nas autoestradas A Coruña- Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57) todos os días, excepto domingo e festivos

30/07/21 | 12:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica a redacción do Plan Director do Parque do Pasatempo que estará en 15 meses

A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, explicaron nunha visita a Betanzos que o novo documento sentará as bases para a conservación deste espazo

30/07/21 | 11:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta ante os profesionais do deseño o novo Programa Diferenza para impulsar a súa colaboración coas empresas galegas

Argerey resalta a aposta da Xunta para impulsar a transformación social e económica a través da capacidade dos procesos creativos e do deseño como axentes de cambio

30/07/21 | 11:45

A Xunta licitará este ano as obras para a construción dun tanque de tormentas no polígono empresarial de San Cibrao das Viñas

Ángeles Vázquez adianta que o Goberno galego disporá de preto de 300.000 euros para atender esta histórica demanda dos empresarios, que mellorará a xestión das industrias do parque

30/07/21 | 11:40

A Xunta aproveita o Xacobeo para impulsar o sector náutico na comunidade e o Camiño de Santiago por mar

A titular de Mar subliña que a celebración do fito xacobeo tanto este ano como o próximo é unha oportunidade para os portos deportivos pois pode contribuír a que recuperen os niveis de actividade previos á alerta sanitaria polo coronavirus

30/07/21 | 11:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén salienta o traballo dos participantes no campo de voluntariado ‘Turismo Sostible’ na recuperación da memoria etnográfica de Pereiro de Aguiar

O delegado territorial quixo coñecer de preto as actividades que están a desenvolver os 12 mozos e mozas, de entre 18 e 30 anos, no eido medioambiental e etnográfico