Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta licita por 355.400 euros a segunda fase da mellora da rede de abastecemento de auga a Castro de Rei
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, informou hoxe ao alcalde, Francisco Balado, do inicio do procedemento de contratación das obras, que serán cofinanciados pola Xunta cun 80% do investimento
A Xunta convida ás emprendedoras galegas a participar do programa Emega de fomento do emprego feminino
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, trasladou hoxe en Vigo ás mulleres da Federación de Vecinos Eduardo Chao (Favec) os beneficios desta liña de apoios para o empoderamento feminino a través do eido laboral
A Xunta adxudica por máis de 205.000 € a redacción do proxecto de humanización da estrada AC-305 na travesía de Palmeira, en Ribeira
O contrato, cun prazo de 21 meses, ten como obxectivo definir as actuacións para recuperar o espazo público da estrada autonómica para os veciños de Palmeira
A Xunta adxudica por preto de 635.000 € as obras de mellora do firme en seis estradas autonómicas da provincia de Pontevedra
As actuacións comezarán na segunda quincena de agosto e terán un prazo de 4 meses
A Xunta organiza a semana vindeira no CFEA de Becerreá un curso de mellora xenética e selección da abella local negra autóctona galega
Concibida para profesionalizar o sector da apicultura, a iniciativa vai dirixida a persoas vinculadas coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego
A Xunta establece a veda do choco na ría de Arousa entre o 1 de agosto e o 30 de outubro
Queda expresamente prohibida neste período a captura desta especie por medio de calquera arte e tamén para a pesca marítima de recreo nas augas máis interiores desta área costeira
O DOG publica o Acordo de reestruturación parcelaria da zona de Guillamil-Sabariz, no concello ourensán de Rairiz de Veiga
Esta reorganización territorial afecta a unha superficie total de 1.368 ha de terreo
Galicia rexistra un total de 18.776 casos activos por coronavirus
Un total de 133.336 pacientes xa están curados
A Xunta renova este venres o préstamo vendima para garantir a compra de uva da colleita deste ano en condicións normais de mercado
O Diario Oficial de Galicia publicará a orde pola que se regula o procedemento para o recoñecemento ás adegas do dereito a empréstitos de campaña para este 2021
A Xunta celebra que a Conferencia Sectorial de Turismo aprobara os proxectos dos Plans de Sustentabilidade Turística Ourense Termal e Mariña Lucense
A inversión nas dúas iniciativas suma 5,4M€, dos que Xunta aporta 2.350.000