Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

28/07/21 | 19:47 | C. do Medio Rural

A colaboración institucional liderada pola Xunta permitirá investir preto de 32 millóns de euros na potenciación do sector agrario da comarca da Limia

Destes cartos, uns 12 millóns de euros irán destinados a sufragar a limpeza das canles da Limia e dos camiños paralelos, para así mellorar a xestión dos subprodutos gandeiros e das augas

28/07/21 | 19:18 | C. de Facenda e Administración Pública

O Ministerio de Hacienda e Función Pública dá a razón á Xunta na súa reclamación do importe do IVE de 2017 non transferido a Galicia

O Ministerio admite que a cifra que o Goberno central adebeda a Galicia pola sentenza do Tribunal Supremo ascende a 211 millóns de euros

28/07/21 | 18:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta salienta o valor da enogastronomía galega na promoción nacional do destino Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, participaron no acto de presentación da participación de “...e para comer, Lugo” na nova edición de La Vuelta Ciclista a España

28/07/21 | 18:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía co sector pesqueiro e industrial os plans de ordenación do espazo marítimo antes de presentar ao Goberno as súas alegacións sobre o desenvolvemento futuro da eólica mariña

O Observatorio contará cunha páxina web onde se recolla a súa actividade, unha ferramenta para favorecer a participación e o diálogo aberto

28/07/21 | 17:02 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta ratifica a súa aposta polos deportes urbanos co skate park de Porto do Son, días antes do debut de Benedetti nos Xogos

O novo parque, que contou cun investimento de 46.000 euros cofinanciados entre Xunta e Concello, conta con diferentes elementos que permiten realizar tanto skate como parkour

28/07/21 | 15:48

Ángeles Vázquez salienta a importancia da arquitectura, "unha disciplina integrada no cotián dos galegos"

Salienta que a Xunta, consciente diso, impulsou medidas como a Lei de arquitectura de Galicia, cuxo Anteproxecto se está a ultimar

28/07/21 | 15:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta mellora a eficiencia enerxética do CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei tras investir 216.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado das obras, que incluíron o cambio da iluminación por outra de tecnoloxía LED, a substitución de carpinterías e o illamento térmico sobre o forxado baixocuberta

28/07/21 | 15:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta anuncia a inminente licitación das obras de reforma do CEIP Manuel Respino de A Rúa ás que destina preto de 635.000 euros

O delegado territorial explicou que as actuacións están destinadas a mellorar a eficiencia enerxética do centro e a facilitar a súa accesibilidade