Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

27/07/21 | 14:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta entrega en Lugo e Becerreá os carnés de técnico especialista en motoserra a preto dunha vintena de alumnos

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, destacou a importancia desta formación, apoiada pola Xunta de Galicia, ao supoñer un “recoñecemento moi importante no mercado”

27/07/21 | 14:39 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avanza no rexistro de familias monoparentais de Galicia coas achegas da Asociación de Madres Solteras por Elección en Galicia

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, mantivo unha reunión coa entidade para escoitar as súas suxestións

27/07/21 | 14:29

Trenor destaca o investimento de 2,4 M€ en programas de emprego da Xunta nos concellos da comarca da Santiago que crearán 148 postos de traballo

O delegado da Xunta visitou o obradoiro de emprego de Negreira no que se están formando a 16 alumnos en albanelería e en actividades auxiliares de xardinería

27/07/21 | 13:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta analiza co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia os principais retos da área de Inclusión Social

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, mantivo un encontro coa entidade na que abordaron o avance dos traballos para a reforma da Lei de Inclusión Social de Galicia

27/07/21 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Instituto de Medicina Legal de Galicia realizou no 2020 máis de 25.880 informes periciais médicos, psicolóxicos e sociais

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, presentou a memoria xunto coa directora en funcións do Imelga, Ana Belén Pérez

27/07/21 | 13:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta que as achegas da Xunta ao Real Padroado beneficiarán ao conxunto da comunidade

Poranse en marcha proxectos desde a perspectiva supramunicipal que redunden “nun beneficio integral para Galicia, amosando que sempre resulta máis positivo sumar esforzos”

27/07/21 | 13:17 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese ao novo albergue da Gudiña como exemplo do compromiso de ofrecer aos peregrinos a mellor Galicia neste Xacobeo 21-22

Salienta que o edificio senlleiro recuperado conta, entre outros servizos, con 44 prazas, un cuarto adaptado con aseo propio, aparcadoiro de bicicletas, comedor, cociña e área de descanso

Recorda que a Comunidade conta cunha rede pública de albergues con 78 establecementos

27/07/21 | 13:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en funcionamento este venres unha nova liña de autobús entre Redondela e a praia de Cesantes

Os novos servizos estarán operativos durante os meses de xullo e agosto, con 8 expedicións, 3 de ida e 5 de volta, de luns a venres

27/07/21 | 13:09

A Xunta licita por case 1,3 millóns de euros as obras de construción da nova planta de transferencia de Ponteceso

Esta instalación, que substituirá á actual microplanta, localizada no parque empresarial de Tella, terá unha maior capacidade, prestacións e eficiencia, coa previsión de que entre en funcionamento en setembro de 2022