Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta anuncia un novo investimento de 300.000€ para ampliar o alcance da restauración do santuario da Nosa Señora das Ermidas
Esta nova achega permitirá actuar sobre a igrexa, os soportais da Casa da Administración e nas zonas de visita pública elevando ata 600.000€ o investimento feito pola Administración autonómica neste BIC ao longo da última década
A Xunta apoia a transformación industrial de Televés cara a Industria 4.0
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu esta mañá ao acto de peche do proxecto Corp4Future apoiado polo programa Fábrica Intelixente e Sostible
Esta iniciativa, que contou cunha axuda pública de preto de 5,8M€ e supuxo a creación de máis de 25 postos de traballo, baseouse na xestión intelixente da información para contribuír á mellora dos procesos produtivos e abrir novas oportunidades de negocio
A Xunta forma ao sector da castaña en materia de enxertos, podas e renovación dos soutos de froito
A acción formativa, que está organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), impartirase mañá no Museo do moble e da madeira da Estrada en horario de 19:00 a 23:00 horas
A Xunta impulsará coa Confederación de Empresarios de Galicia o talento empresarial feminino como clave na recuperación tras a covid-19
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou hoxe en Santiago de Compostela un acordo marco co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, para a realización dun congreso que terá lugar en setembro para promover o emprendemento feminino
A Xunta adxudica por preto de 2 M€ as obras de mellora do firme en 2 estradas autonómicas do sur da provincia de Lugo
A actuación, que comezará na segunda quincena de agosto, desenvolverase en 22 km da vía de altas prestacións CG-2.1, entre Monforte e o Alto do Faro, e da LU-533, entre Chantada e Escairón
A Xunta elaborará unha guía de boas prácticas para mellorar a integración paisaxística dos máis de 120 portos autonómicos
Os traballos para a redacción deste documento, recollido no Plan estratéxico da paisaxe galega 2021-2024, comezarán este mesmo ano cunha diagnose do estado actual das instalacións portuarias
Feijóo destaca o compromiso dos gobernos portugués e español coa alta velocidade Lisboa-Oporto e Oporto-Vigo-A Coruña como a maior achega “que a Eurorrexión conseguiu nos últimos anos”
Aposta por unha Eurorrexión máis ampla, coa agregación de empresarios e universidades as súas dinámicas; e máis protagonista, transmitindo o papel esencial das rexións na Conferencia sobre o futuro de Europa; e máis extensa
As parcelas e a superficie xestionada preto das vivendas dentro do convenio de protección das aldeas impulsado pola Xunta achéganse ao 70% do total
A Xunta celebra o incremento no grao de cumprimento dos particulares das obrigas de xestión da biomasa dende a entrada en vigor deste acordo coa Federación galega de municipios e provincias (Fegamp) e a empresa pública Seaga en 2018
Medio Ambiente compromete o seu apoio técnico na planificación de solo empresarial de Santa Comba
Ángeles Vázquez salienta a necesidade de dispor dun estudo sobre a demanda real de superficie por parte do tecido empresarial
Galicia rexistra un total de 18.535 casos activos por coronavirus
Un total de 132.502 pacientes xa están curados