Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

27/07/21 | 13:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
27/07/21 | 13:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Xacobeo 21-22 convértese no principal patrocinador do Europeo de Snipe que se celebrará do 4 a 8 de agosto en Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, subliña o compromiso do Executivo autonómico para que a cidade adquira cada vez máis protagonismo neste dobre Ano Santo baixo o paraugas do Xacobeo 21-22

27/07/21 | 12:43 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta a Estratexia do viño para consolidar no mercado o sector vitivinícola galego e para potenciar o turismo vinculado ás zonas de produción

Cun investimento superior aos 700.000 euros, a Estratexia incide así nas dimensións económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas, tras definir o Goberno galego co propio sector as liñas que deben marcar o seu futuro

27/07/21 | 12:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 502.000 euros as obras de mellora do abastecemento, saneamento e recollida de augas pluviais no núcleo da Derrasa en Pereiro de Aguiar

Gabriel Alén explicou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investirá máis 402.000 euros, no marco dun convenio de colaboración co concello que aportará 100.000 euros

27/07/21 | 12:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en marcha a licitación para seleccionar entre catro e oito socios estratéxicos e tecnolóxicos para o Polo Aeroespacial de Galicia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, presentou hoxe en Santiago esta actuación coa que, a través dun investimento de 40 millóns de euros, se pretenden desenvolver preto de 80 proxectos de I+D

27/07/21 | 12:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1 millón de euros á renovación de 200 novas marquesiñas de autobús na comunidade

Os servizos inclúen a fabricación e subministro dos novos refuxios a partir dun deseño integrado nas contornas rurais para proceder, posteriormente, á súa distribución

27/07/21 | 12:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de reforzo da seguridade viaria nun treito da Vía da Plata coincidente coa estrada autonómica na OU-113 ao seu paso por Sarreaus

Gabriel Alén explicou que nesta actuación, encamiñada a favorecer a seguridade, a comodidade e a experiencia do peregrinos, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste preto de 34.000 euros

27/07/21 | 11:48 | C. de Sanidade

A posta en marcha do Plan de Recuperación da Actividade Asistencial permite reducir os tempos medios de espera na sanidade pública galega respecto ao pasado ano

Esta redución foi de preto de 40 días para probas diagnósticas, de máis de 30 para intervencións cirúrxicas e de 23 para primeiras consultas