Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

26/07/21 | 13:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 24 concellos da provincia de Ourense impulsan as actividades das súas bibliotecas e axencias de lectura grazas ao apoio da Xunta

O delegado territorial explicou que estes 24 concellos recibiron preto de 23.000 euros da Xunta para desenvolver actividades de dinamización da lectura así como para o desenvolvemento do programa Ler conta moito 21

26/07/21 | 13:32

A Xunta destina máis de 1,4 millóns de euros a financiar a contratación de 122 perceptores da Risga nos concellos da área territorial de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informa que a Consellería de Emprego e Igualdade vén de resolver a orde de axudas a entidades locais para favorecer a inserción laboral de persoas en situación vulnerable

26/07/21 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta retoma mañá as obras de mellora do firme da autovía AG-64 na provincia de Lugo, que farán necesarios desvíos de tráfico

Os traballos na autovía que conecta Vilalba con Ferrol obrigan ao corte dunha calzada da autovía, de modo que o tráfico en sentido As Pontes será desviado pola estrada LU-861

26/07/21 | 13:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá máis de 2,1 millóns de euros na mellora da seguridade viaria e da mobilidade peonil na parroquia de Santo André de Xeve, en Pontevedra

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a aprobación dos proxectos para actuar na intersección entre as estradas autonómicas PO-223 e PO-224 e para a construción dunha senda peonil

26/07/21 | 13:23

A Xunta apoia aos Armadores de Vigo na celebración da conferencia do futuro da pesca para avaliar os retos do sector

A VIII Conferencia Internacional ARVI sobre o futuro da pesca celebrarase os días 27 e o 28 de setembro de xeito presencial e telemático

26/07/21 | 13:20 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo garante o compromiso co sector agroalimentario reflectido na Lei de recuperación da terra agraria e na Estratexia do lácteo

Salienta a gran demanda de base territorial dos gandeiros, xa que das máis de 21.000 hectáreas xeolocalizadas, o 94% correspóndese coa demanda do sector bovino

26/07/21 | 13:15

A metade dos concellos que se poden rexer por un plan básico municipal xa están a impulsar esta ferramenta

Ángeles Vázquez avanza que no último trimestre se licitarán os traballos de redacción dos nove municipios da segunda quenda, mentres se finalizan os traballos de cartografía das 100.000 hectáreas que suman estes concellos

26/07/21 | 12:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pide que o Goberno central inclúa orzamento para o novo modelo de coidados dentro das transferencias dos fondos para dependencia

O Goberno galego propón a creación dunha pasarela para que os grandes dependentes poidan obter o grao de discapacidade coa máxima facilidade

26/07/21 | 11:44

A Xunta destina 12M€ á contratación e formación de 1.200 mulleres, parados de longa duración, mozos e persoas con discapacidade

A Consellería de Emprego e Igualdade convoca hoxe no Diario Oficial de Galicia o programa Galicia Emprega 2021 cun orzamento que sube o 10,5% fronte a 2020

26/07/21 | 10:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a contribución da innovación á modernización do sector agroalimentario

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, visitaron a empresa lucense de base tecnolóxica Himikode, que ofrece servizos TIC á industria alimentaria